Leon Uris
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leon Uris, nado en Baltimore en 1924 e finado en 2003, foi un novelista xudeu americano, coñecido pola ampla investigación que realizaba para as súas novelas.
Traxectoria [editar]
Fillo dun inmigrante xudeu polaco, estudou en Norfolk, Virxinia e en Baltimore pero non conseguiu graduarse, aos dezasete anos entra nos marines, e serviu no Pacífico sur en Guadalcanal, Tarawa e Nova Celandia entre 1942 e 1945.
En 1950 escribiu a súa primeira novela, Battle Cry, que se converteu nun éxito de vendas. Como correspondente de prensa interésase intensamente por Israel, froito dese interese vai ser o seu maior éxito, Exodus (1958), sobre a fundación do Estado de Israel.
Obra [editar]
- Battle Cry, 1953.
- The Angry Hills, 1955.
- Exodus, 1958.
- Exodus Revisited, 1960.
- Mila 18, 1961.
- Armageddon: A Novel of Berlin, 1963.
- Topaz, 1967.
- The Third Temple, 1967.
- QB VII, 1970.
- Ireland, A Terrible Beauty, 1975 (con Jill Uris).
- Trinity, 1976.
- Jerusalem: A Song of Songs, 1981 (con Jill Uris).
- The Haj, 1984.
- Mitla Pass, 1988.
- Redemption, 1995.
- A God in Ruins, 1999.
- O'Hara's Choice, 2003.