Lemas dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lemas dos Estados Unidos")
Nil sine numine, lema de Colorado.
Live free or die, lema de Nova Hampshire.
Eureka, lema de California.
Freedom and Unity,lema de Vermont.
In God we trust, lema de Florida.
Crossroads of America, lema de Indiana.
Ad astra per aspera, lema de Kansas.
Esto perpetua, lema de Idaho.
Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono, lema de Hawaii.

Os cincuenta estados dos Estados Unidos teñen un lema estatal, ao igual que o Distrito de Columbia. O lemas doitan ser formais, de feito, vinte deles están directamente escritos en latín, e non adoitan variar ao longo do tempo. Nese sentido, non deben ser confundidos cos alcumes estatais, que os gobernos dos diferentes estados adoitan crear para tentar fomentar o turismo interno e externo (por exemplo, Sunshine state, "o estado soleado", para referirse a Florida).

Os Estados Unidos como un todo teñen dous lemas oficiais: dende 1789 o latino E pluribus unum ("De moitos, un") e dende 1956 tamén o inglés In God we trust en ("En Deus confiamos"), aínda que este último foi historicamente impreso no reverso dos billetes de dólar, e sería así mesmo adoptado localmente polo recentemente mencionado estado de Florida.

Estado e lema[editar | editar a fonte]

Estado Lema Tradución ao galego Lingua Data
Flag of Alabama.svg Alabama Audemus jura nostra defendere Ousamos defender os nosos dereitos Latín 1923
Flag of Alaska.svg Alasca North to the future Do norte ao futuro Inglés 1967
Flag of Arizona.svg Arizona Ditat Deus Deus enriquece Latín 1863
Flag of Arkansas.svg Arcansas Regnat populus O pobo manda Latín 1907
Flag of California.svg California Eureka Acheino Grego 1849
Flag of Colorado.svg Colorado Nil sine numine Nada sen providencia Latín 1861
Flag of Connecticut.svg Connecticut Qui transtulit sustinet El, que transplantou, sostén Latín 1662
Flag of Delaware.svg Delaware Liberty and Independence Liberdade e independencia Inglés 1847
Flag of Washington, D.C..svg Distrito de Columbia Justitia Omnibus Xustiza para todos Latín 1871
Flag of Florida.svg Florida In God We Trust En Deus confiamos Inglés 1868
Xeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia Wisdom, justice, and moderation Sabedoría, xustiza, e moderación Inglés 1798
Flag of Hawaii.svg Hawaii Ua mau ke ea o ka ʻāina i ka pono A vida da terra é perpetuada pola xustiza Hawaiano 1843
Flag of Idaho.svg Idaho Esto perpetua Que sexa perpetuo Latín 1890
Flag of Illinois.svg Illinois State sovereignty, national union Soberanía estatal, unión nacional Inglés 1819
Flag of Indiana.svg Indiana The Crossroads of America A encrucillada de América Inglés 1937
Flag of Iowa.svg Iowa Our liberties we prize and our rights we will maintain As nosas liberdades apreciamos e os nosos dereitos manteremos Inglés 1847
Flag of Kansas.svg Kansas Ad astra per aspera Ás estrelas a través das dificultades Latín 1861
Flag of Kentucky.svg Kentucky Deo gratiam habeamus Demos grazas a Deus Latín 2002
Flag of Louisiana.svg Luisiana Union, justice, confidence Unión, xustiza, confianza Inglés 1902
Flag of Maine.svg Maine Dirigo Dirixo Latín 1820
Flag of Maine.svg Maryland Fatti maschii, parole femine Feitos de home, verbas de muller Italiano 1874
Flag of Massachusetts.svg Massachusetts Ense petit placidam sub libertate quietem Pola espada procuramos paz, mais paz só baixo a liberdade Latín 1775
Flag of Michigan.svg Michigan Si quaeris peninsulam amoenam circumspice Se buscas unha península agradable, ollaao redor de ti Latín 1835
Flag of Michigan.svg Minnesota L'étoile du Nord A estrela do norte Francés 1861
Flag of Mississippi.svg Mississippi Virtute et armis Virtude e armas Latín 1894
Flag of Missouri.svg Misuri Salus populi suprema lex esto Que o ben do pobo sexa a lei suprema Latín 1822
Flag of Montana.svg Montana Oro y plata Ouro e prata Castelán 1865
Flag of Montana.svg Nebraska Equality before the law Igualdade ante a lei Inglés 1867
Flag of Montana.svg Nevada All For Our Country Todo polo noso país Inglés 1866
Flag of New Hampshire.svg Nova Hampshire Live Free or Die Vivir ceibe ou morrer Inglés 1945
Flag of New Jersey.svg Nova Jersey Liberty and prosperity Liberdade e prosperidade Inglés 1928
Flag of New Mexico.svg Novo México Crescit eundo Medra a medida que avanza Latín 1887
Flag of New York.svg Nova York Excelsior Sempre cara arriba Latín 1778
Flag of North Carolina.svg Carolina do Norte Esse quam videri Ser, máis que semellar Latín 1893
Flag of North Dakota.svg Dakota do Norte Liberty and union, now and forever, one and inseparable Liberdade e unión, agora e sempre, unha e inseparable Inglés 1889
Flag of Ohio.svg Ohio With God, all things are possible Con Deus, tódalas cousas son posibles Inglés 1959
Flag of Oklahoma.svg Oklahoma Labor omnia vincit O traballo todo o vence Latín 1893
Flag of Oregon.svg Oregón Alis volat propriis Voas coas súas propias ás Latín 1854
Flag of Pennsylvania.svg Pensilvania Virtue, Liberty, and Independence virtude, liberdade, e independencia Inglés 1875
Flag of Rhode Island.svg Rhode Island Hope Esperanza Inglés 1644
Flag of South Carolina.svg Carolina do Sur Dum spiro spero Mentres respiro, teño esperanza Latín 1777
Flag of South Dakota.svg Dakota do Sur Under God the people rule Baixo Deus a xente rixe Inglés 1885
Flag of Tennessee.svg Tennessee Agriculture and commerce Agricultura e comercio Inglés 1802
Flag of Texas.svg Texas Friendship Amizade Inglés 1930
Flag of Utah.svg Utah Industry Industria Inglés 1896
Flag of Utah.svg Vermont Freedom and Unity Liberdade e unidade Inglés 1779
Flag of Virginia.svg Virxinia Sic semper tyrannis Así sempre aos tiranos Latín 1776
Flag of Washington.svg Washington Al-ki No futuro Chinook Non oficial
Flag of West Virginia.svg Virxinia Occidental Montani semper liberi Os montañeiros son sempre ceibes Latín 1863
Flag of Wisconsin.svg Wisconsin Forward Adiante Inglés 1851
Flag of Wyoming.svg Wyoming Equal Rights Iguais dereitos Inglés 1893

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]