Leliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aureus Laelius-RIC 0001.jpg

Sendo emperador do Imperium Gallicus, Póstumo, fundador do mesmo logo de rebelarse contra Roma e contra o seu emperador Galieno, chega a un acordo no ano 268 para se dividir as zonas de control.

No ano 269, Caius Ulpius Cornelius Lelianus, ou Leliano, trata de usurpar o trono e rebélase contra Póstumo. Este dirixe os seus exércitos contra o seu antigo comandante, quen se refuxiara en Maguncia. Póstumo pon sitio a cidade e tómaa pouco despois, matando a Leliano, pero atopando tamén a morte el e mais o seu fillo logo de que lle prohibisen ás súas tropas a pillaxe da cidade.

Leliano pasou á historia pola súa bravura e valentía nas loitas contra os bárbaros e foi un destacado militar que construíu a maior parte das fortalezas ao longo do Rin, e que lle permitiron a Póstumo afastar as tribos xermánicas da Galia e da Xermania Inferior e consolidar o seu Imperio deica á súa morte.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas