Leite desnatado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O leite desnatado,[1] descremado ou magro,[2] é o leite ao que se lle eliminou a graxa mediante centrifugado. Coa graxa extraída faise crema de leite (ou nata) e manteiga.

Paradoxalmente todos os leites (enteiro, semidescremado e descremado) pasan polo proceso de descremado. A cantidade de graxa que producen as vacas é variable. Por iso, o leite descrémase e vólveselle engadir a graxa na súa medida xusta: descremado 0%; semidescremado 1,5-1,8%; e enteiro máis dun 3,2%.

Co descremado o leite pode perder ácidos graxos esenciais e vitaminas liposolubles. O sabor tamén se adoita ver afectado. Con todo, está indicado para persoas que por distintas afeccións, non poden consumir o leite enteiro, por exemplo en casos de alto colesterol no sangue ou problemas dixestivos.

Como curiosidade, pódese comentar que a cantidade de graxa no leite varía moito dun mamífero a outro. O leite que contén máis graxa é o da foca de Ross, que contén un 68% de graxa, o que o fai tan espeso como a maionesa. O leite de camela é o máis lixeiro con tan só un 2% de lípidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario de alimentación e restauración - Real Academia Galega Arquivado 20 de marzo de 2013 en Wayback Machine. 2012, páx. 252: xeado de leite loc.s.m. Xeado que contén en masa entre o 2,5% e 8% de materia graxa de orixe láctea, ou un máximo de 0,3% no caso de utilizar leite desnatado, e un mínimo de 6% de extracto seco magro lácteo.
  2. En galego, "leite gordo" Praza Pública.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]