Leiognátidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leiognathus splendens

Os Leiognátidos (Leiognathidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, con algunhas especies de auga doce. Están distribuídos polo oeste do Pacífico e océano Índico, aínda que algunhas especies penetraron no Mediterráneo a través do canal de Suez.

Características[editar | editar a fonte]

Corpo oval, alto, fortemente comprimido lateralmente, coa cabeza núa pero provista de cristas óseas na parte superior. Boca moi pequena e moi protráctil.

Unha aleta dorsal continua, con 8-9 espiñas na parte anterior, levantadas e cun mecanismo de bloqueo, seguidas por 15-17 radios brandos na parte posterior; anal con tres espiñas e 13-15 radios brandos. A ámbolos lados das bases das aletas dorsal e anal, unhas pequenas espiñas. Pectorais e pelvianas pequenas e caudal furcada.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comprende tres xéneros e máis de corenta especies:

  • Xénero Gazza (Rüppell, 1835)
  • Xénero Leiognathus (Lacepède, 1802)
  • Xénero Secutor (Gistel, 1848)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]