Lei de Jante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lei de Jante, chamada en dinamarqués e en noruegués Janteloven, é un decálogo de normas creado polo autor Aksel Sandemose na súa novela En flyktning krysser sitt spor (literalmente, Un refuxiado atravesa a súa faixa), de 1933, onde describe a pequena cidade de Jante, cuxo modelo foi tomado directamente da súa propia cidade natal, Nykøbing Mors, baseado no modo como era no inicio do século XX. O modelo, até certo punto, describe a vida da provincia escandinava e presenta moitas das caractarerísticas da sociedade nórdica.

Regras[editar | editar a fonte]

As normas son as seguintes:

  1. Non pensarás que es especial.
  2. Non pensarás que estás á nosa altura.
  3. Non pensarás que es máis intelixente ca nós.
  4. Non crerás que es mellor ca nós.
  5. Non pensarás que sabes máis ca nós.
  6. Non pensarás que es máis importante ca nós.
  7. Non pensarás que es bo nalgunha cousa.
  8. Non rirás de nós.
  9. Non pensarás que alguén se preocupa por ti.
  10. Non pensarás que tes algo que aprendernos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]