Legacy of Kain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Legacy of Kain ou O Legado de Kain, é unha saga de videoxogos que xiran en torno a unha historia chea de mitoloxía vampírica.

Legacy of Kain comeza cando unh mozo nobre, da cidade de Coorhagen, chamado Kain é asasinado por uns bandidos en Ziegsturhl. Ambas cidades dunha terra mítica chamada Nosgoth.

A Kain elle ofrecida a oportunidade de vingarse dos seus asasinos, oportunidade que non deixa escapar. Así pois Kain é devolto á vida, ou mellor dito á non vida pois agora é un vampiro. Logo de acabar cos seus asasinos descobre que eles non eran máis que os instrumentos do seu asasinato e que a súa mesma raza o planeou e elle encomendada a obriga de restaurar os Nove Alicerces de Nosgoth para traer o equilibrio á danada terra.

Este é o comezo dunha historia que non terá como único protagonista a Kain (Blood Omen), pois nos Soul Reaver o protagonista é o seu lugartenente Raziel, convertido nun ente algo diferente dos vampiros. E na última entrega da saga, Legacy of Kain: Defiance, teremos a oportunidade de usar aos dous para aclarar a cada vez máis complicada historia.

Xogos[editar | editar a fonte]

Os xogos da serie Legacy of Kain poden ser clasificados como xogos de acción, mais varios elementos doutros tipos de xogos poden ser encontrados: posuen alguns elementos de xogos de plataformas e algumas das características principais dos RPG’s e de aventuras. A serie foi desenvolvida para varias plataformas, mais soamente é posible xogar todolos xogos da saga no PC ou na Playstation 2.

Nome Data de Lanzamento Plataforma
Blood Omen: Legacy of Kain 1996 PC / PlayStation
Legacy of Kain: Soul Reaver 1999 PC / PlayStation / Dreamcast
Legacy of Kain: Soul Reaver 2 2001 PC / PS2
Blood Omen 2: Legacy of Kain 2002 PC / PS2 / Xbox / GameCube
Legacy of Kain: Defiance 2003 PC / PS2 / Xbox

Blood Omen: Legacy of Kain[editar | editar a fonte]

O primeiro xogo da saga e onde Kain é convertido en vampiro e destrúe os alicerces que manteñen en equilibrio a Nosgoth, e onde descobre a traizón por parte da súa anterior raza humana e os excesos que tiveron na loita coa agora a súa nova raza, ao final eríxese como o líder da raza vampirica.

Legacy of Kain: Soul Reaver[editar | editar a fonte]

O segundo xogo coa personaxe principal de Raziel, convertido nunha criatura nova trala súa destrución vampírica por parte de Kain, e o seu posterior descubrimento da súa orixe nobre como Sarafan humano ademais da vinganza contra os seus irmáns por destruílo e sobre o mesmo Kain por habelo traizoado e corrompido a súa orixe humana.

Legacy of Kain: Soul Reaver 2[editar | editar a fonte]

O terceiro xogo novamente Raziel como personaxe principal, descobre novos segredos e por estes mesmos a súa sede de vinganza acougase e só desexa poder ter liberdade e deixar de ser instrumento doutros e seguir buscando mais sobre o mesmo, de feito Soul Reaver 1 e 2 poderían definirse como xogos da procura do eu, con todo esta procura arróxao ao seu destino planeado dende eons, Kain volve ter máis relevancia e deixa o seu papel de inimigo e descobre os primeiros veos cara ao que é o seu gran plan, que é forxar unha nova orde pero nin el mesmo ten idea de contra quen se enfronta.

Blood Omen 2: Legacy of Kain[editar | editar a fonte]

O cuarto xogo non esta en a mesma liña de tempo dos outros xogos e pódese situar anos despois do primeiro Blood Omen pero moito antes do primeiro Soul Reaver, nárrase a batalla de Kain sobre un líder Sarafan e a súa derrota e posterior recuperación, por primeira vez na saga do legado de Kain descóbrese un interese amoroso por parte de Kain, e este xogo serve de vinculo perfecto para o último xogo.

Legacy of Kain: Defiance[editar | editar a fonte]

Último xogo ata agora, revélanse os segredos, e Kain convértese novamente na personaxe principal, unha poderosa relación xorde entre Kain e Raziel cando este último descobre o papel para o que foi feito e tómao por ser un fin nobre, Kain triunfa temporalmente pero non en definitiva.

Esta última parte remata no pasado no mesmo instante onde un mozo Kain destrúe os alicerces de Nosgoth e o vello Kain observa desde o alto dun castelo a destrución dos mesmos pero pode ver un atisbo de esperanza para Nosgoth.

A saga comeza de feito coa saga de Blood Omen e o que se planeou como unha segunda parte converteuse en Soul Reaver unha saga que a primeira vista resultou ser moi distinta ao que os creadores querían dun Blood Omen, logo fíxose Blood Omen II que volveu de novo a ter a Kain como protagonista, este xogo que se quixo facer con independencia da saga de Soul Reaver resulta enriquecedor da saga, fai a aparición por primeira vez dun personaxe feminino e un romance rematado co asasinato e a traizón, Kain volve ser o instrumento doutros pero el determina o desenlace, así como a primeira aparición dunha raza nova que terá relevancia en defiance.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]