Lectoescritura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dous estudantes.

A lectoescritura é tanto a capacidade dos seres humanos para captar, reproducir e interpretar os grafemas impresos, como a aptitude para transcribir os sons. Refírese así mesmo á capacidade de aprender a ler e asemade a escribir.

Con todo, por precisamente ser a lectoescritura unha actividade humana, que o ser humano desenvolve en relación cos seus semellantes, é un proceso complexo que tanto achega, a aquel que nel repara, unha dimensión cognitiva, pois posibilita e estrutura a realidade da que xorde; como unha dimensión social, xa que nos pon en relación: somos para outros e porque outros son.

A lectoescritura é, ademais, un segundo camiño de acceso á cultura. O primeiro camiño é a fala, o contacto directo cos nosos semellantes. É nese primeiro contacto onde comeza a desenvolverse o pensamento interno que grazas á lectoescritura podemos facer transcender ata mesmo superar as barreiras temporais (pénsese nunha rapariga que decida ler a Castelao) ou ter consciencia de nós mesmos ou da realidade que nos rodea.

Do dito, podemos concluír que a lectoescritura, inda que capacidade, é tamén unha ferramenta, unha ferramenta que nos permite desenvolver o noso pensamento interno, asumir a nosa cultura, profundar na relación cos demais e coa sociedade, ser mellores cidadáns ou, se é o caso, rexeitar as normas sociais e/ou de convivencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ESQUER TORRES, Ramón: Didáctica de la Lengua Española. Ediciones Alcalá. Madrid, 1978.
  • LEBRERO, Mª Paz e Mª Teresa: Cómo y cuándo enseñar a leer y a escribir. Síntesis. Madrid, 1988.
  • DEHART, André e GILLE, Arthur: El niño aprende a leer. Kapelusz. Buenos Aires, 1976.
  • FERRÁNDEZ, Adalberto, FERRERES, Vicente y SARRAMONA, Jaime: Didáctica del Lenguaje. Ceac. Barcelona, 1986.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]