Lebo Mathosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lebo ou Lebo Mathosa, nada en 1977 e morta en accidente de coche o 23 de outubro de 2006, foi unha cantante pop surafricana. O seu estilo era o kwaito, un xénero propio de Xohanesburgo que mestura house con música vocal. Cantaba tanto en inglés como nas linguas nacionais de Sudáfrica, coma o sotho, o zulú ou o xhosa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mathosa comezou a súa carreira coa popular banda surafricana Boom Shaka en 1994, co que xa soubo o que era gañar discos de platino, antes de cantar en solitario a partir de 1999. O seu álbume Dream (2000) acadou o cumio no seu país durante catro semanas logo do seu lanzamento. Ao ano seguinte, nos Premios da Música Surafricana, Mathosa gañou o de mellor álbum de baile, o de mellor single de baile polo seu tema de debut Intro, e o de mellor cantante feminina. Volveu apañar o premio ao mellor álbum de baile polo seu segundo traballo, Drama Queen.

No ano 2001 Lebo Mathosa tocou no North Sea Jazz Festival en Cidade do Cabo, no concerto de Celebrate South Africa na londiniense praza de Trafalgar e fixo turnés por Malaisia e Singapur chegando a cantar para a raíña malaia. Tamén tocou no 85º aniversario de Nelson Mandela, diante dunhas 16.000 persoas, e nunha xira a prol dos enfermos da sida en Botswana e Suacilandia.

Volveu subir ao máis alto da música do seu país en 2004, e en 2006 foi nomeada aos británicos Premios MOBO. Tamén gañou en 2001 o premio á muller mellor vestida do ano e foi nomeada pola revista FHM Magazine como unha das mulleres máis sexys de África.

Discografía en solitario. Álbums[editar | editar a fonte]