Football League Cup
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "League Cup")
| Fundación | 1960 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 92 |
| Actual campión | Swansea City (1º título) |
| Máis laureado | Liverpool (8 títulos) |
| Sitio web | www.thefa.com |
A Football League Cup (do inglés: Copa da Liga de Fútbol), coñecida por motivos de patrocinio como Capital One Cup, é unha competición de fútbol de Inglaterra. Do mesmo xeito que na Copa de Inglaterra, xógase cun formato de eliminación directa, aínda que a diferenza dos 674 equipos que entraron á FA Cup na tempada 2005-06, a esta copa só poden entrar 92 equipos: os 20 equipos da FA Premier League, e os 72 equipos da Football League, que organiza a competición.
Ademais, ao contrario que a FA Cup, as semifinais xóganse en partidos de ida e volta. O gañador da Copa da liga clasifícase para a UEFA Europa League, se non clasificou para outra competición europea doutra forma. O club con máis títulos é o Liverpool con oito.