Le Glamour Grotesque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Le Glamour Grotesque
OrixeA Estrada, Galiza
Xénero(s)Música electrónica
Selo(s) discográfico(s)A Regueifa Plataforma

Le Glamour Grotesque é un grupo musical galego.

Naceu como un proxecto individual de Marcos Payno, paralelo ao seu traballo noutros grupos. En 2006 fixo un EP de cinco temas de música electrónica titulado Vinte e cinco, dedicado á Revolución do 25 de abril. Nese mesmo ano o proxecto evolucionou cara a un desenvolvemento colectivo, coa incorporación de Denís Mutante (voces), Abraham "el niño" (guitarra) e Manuel Payno (trompeta).[1] Con esa formación lanzaríase, tamén no 2006 o disco Dangerous Club. Até o de agora todos os lanzamentos de Le Glamour Grotesque foron no selo A Regueifa Plataforma, en formato mp3 e baixo licenza Creative Commons.

O estilo desenvolvido é de música electrónica, tocando todos os seus estilos e cunha vontade lúdica e experimental.

  1. "Le Glamour Grotesque - Vinte e cinco (2006)". Consultado o 2023-11-06.