LeAnn Rimes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leann Rimes
LeAnn Rimes en outubro de 2009.
Nome completoMargaret LeAnn Rimes
Data nacemento28 de agosto de 1982 (41 anos)
Nado enJackson, Mississippi
CónxuxeEddie Cibrian e Dean Sheremet
OcupaciónCantante
XéneroCountry, Pop
Selo(s) discográfico(s)Curb Records
Tempo en activo1996 - actualmente
Na rede
http://www.leannrimesworld.com/
IMDB: nm0005361 Allocine: 81850 Allmovie: p278343 TV.com: people/leann-rimes
Facebook: leannrimesmusic Twitter: leannrimes Instagram: leannrimes MySpace: leannrimes Snapchat: leannrimesworld Youtube: UC59d_iEW_aUgWyKAqRnj1xg TikTok: leannrimes Spotify: 2d3VHzlOEwXvmBdS4pzOPL iTunes: 521500 Last fm: LeAnn+Rimes Musicbrainz: 9092d8e1-9b38-4372-a96d-000b8561a8bc Songkick: 339081 Discogs: 77856 Allmusic: mn0000118791 Deezer: 1624 Genius: Leann-rimes Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Margaret LeAnn Rimes, máis coñecida como LeAnn Rimes, nada en Jackson o 28 de agosto de 1982, é unha das máis famosas cantantes de música country e pop americana do século XXI. Descuberta en 1996 na música country, aos 13 anos. O seu primeiro álbum, “Blue”, chegou a nº1 no Top Country Álbuns e foi certificado “multi-platina” en vendas. Aos 20 anos, xa tiña vendido máis de 34 millóns de copias.

O comezo da carreira[editar | editar a fonte]

Natural de Jackson, no Mississippi, a cantante comezou a cantar antes dos dous anos, e aos 11, xa vivindo en Texas, gravou "All That", o seu primeiro álbum de cancións orixinais. O éxito que obtivo, lanzado por unha pequena editora independente, chamou a atención da Curb Records, que editou "Blue", segundo disco de LeAnn Rimes, cando a artista só tiña 13 anos. Por detrás do tema-título está unha historia que, até hoxe, se asocia á cantante: a canción "Blue" fora escrita nos anos 1960 por un locutor de radio e promotor discográfico que, ao encontrar Leann, se rendeu aos seus talentos e lle suxeriu que cantase a música.

Asumindo o papel de "padriño" da artista, Bill Mak garante ter escrito "Blue" para Patsy Cline antes da morte da cantante, espallando o rumor de que tiña esperado 30 anos até encontrar outra voz capaz de interpretar a canción. Inspirada na historia e nas semellanzas de Leann coa lenda, a prensa comeza a presentar a nova cantante como sucesora de Patsy Cline. Máis tarde, porén, descubriuse que a música xa fora gravada por tres artistas diferentes. A constatación non eliminou o impacto do disco, un éxito de vendas nos EUA.

A partir de entón, o aplauso do público e os récords batidos ("You Light Up My Life: Inspirational Songs", de 1997, foi o primeiro disco country en entrar directamente nas listas de éxitos Pop e country contemporánea) marcan o camiño de Leann. Despois do lanzamento dunha colectánea cos seus primeiros temas, a cantante vendeu millóns de copias de "Sitting On Top of the World", lanzado en 1998. Atrás ficaron dous Grammys, sendo Leann a primeira cantante country en vencer na categoría de Mellor Artista Revelación.

Para reforzar a comparación con Patsy Cline, a artista interpretou, en 1999, o clásico "Crazy", nunha colección de 11 modelos da country a que deu o seu nome. Seguiron "Written In The Stars", un dueto con Elton John para o musical da Broadway, "Aida", e ducias de concertos polos EUA.

LeAnn participou na canción "Just Stand Up", unha canción para axudar na campaña "Stand Up For Cancer", xunto con moitas outras artistas, incluíndo Carrie Underwood, Ciara, Beyoncé, Mariah Carey, Miley Cyrus, Leona Lewis, Fergie, Mary J. Blige, Rihanna, Ashanti, Natasha Beginfield, Keyshia Cole.

Recoñecemento mundial[editar | editar a fonte]

O recoñecemento a nivel mundial veu coa banda-sonora de "Coyotte Ugly" (ShowBar), para o cal gravou catro músicas de Diane Warren, entre as cales está o éxito "Can't Fight the Moonlight". No filme, Leann fai tamén unha pequena aparición, naquela que foi a súa segunda incursilón no cinema, após a estrea en "Holiday in Your Heart", filme adaptado dun libro co-escrito pola cantante.

En 2001, e na resaca dos atentados de 11 de setembro, xorde no mercado "God Bless America", unha colección de éxitos da artista, alternados con versións de clásicos da canción norteamericana, para emprestarlle ánimo ao pobo dos Estados Unidos. Un ano despois, a cantante lanza "Twisted Angels", un conxunto máis de orixinais.

Discografía[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Nome Papel Outras notas
1997 Holiday in Your Heart Ela mesma Papel principal
1998 Days of Our Lives Madison Episodio 1
2000 Coyote Ugly Ela Mesma Cameo
2003 American Dreams Connie Francis "Where the Boys Are"
2006 Holly Hobbie and Friends: Christmas Wishes Kelly Deegan Filme para TV
2008 Good Intentions Pam
2009 Northern Lights Meg Galligan Filme para TV
I Get That a Lot Waitress Especial de TV (1 episodio)

Premios[editar | editar a fonte]

Country Music Association[editar | editar a fonte]

Ano Premio Notas
1997 Horizon Award Premio da Country Music Association

Academy of Country Music[editar | editar a fonte]

Ano Premio Notas
1996 Top Artista feminino Revelación
Single do ano por "Blue"
Música do ano para "Blue" Premio entregado ao compositor de Blue, Bill Mack.
2009 Premio Humanitario

Grammy[editar | editar a fonte]

Ano Premio Gravación
1997 Best New Artist
Best Female Country Vocal Performance "Blue"

American music awards[editar | editar a fonte]

Ano Premio Notas
1997 Favorite New Artist Premio soamente para música americana

CMT music awards[editar | editar a fonte]

Ano Premio Vídeo
2008 Collaborative Video of the Year "'Til We Ain't Strangers Anymore" (w/ Bon Jovi)

Singles[editar | editar a fonte]

Ano Música Mellores posicións[1][2] Álbum
US Country US US AC US Dance US Pop CAN Country
CAN CAN AC UK IRL AUS
1996 "Blue"[A] 10 26 1 23 10 Blue
"Hurt Me" 43 35 89
"One Way Ticket (Because I Can)" 1 4 52
1997 "Unchained Melody" 3 3 Unchained Melody:
The Early Years
"The Light in Your Eyes" 5 13 Blue
"How Do I Live"[B][C] 43 2 1 82 2 13 7 14 17 You Light Up My Life:
Inspirational Songs
"You Light Up My Life"[A] 48 34 57 76
1998 "On the Side of Angels" 4 9
"Commitment"[A] 4 4 38 59 Sittin' on Top of the World
"Looking Through Your Eyes" 18 4 7 38
"Nothin' New Under the Moon" 10 7
"These Arms of Mine" 41 52
1999 "Feels Like Home" 17
"Crazy" 36 LeAnn Rimes
"Big Deal" 6 25 3
"Cattle Call" (with Eddy Arnold)[D] Blue
2000 "I Need You" 8 7 2 20 18 2 13 19 51 I Need You
"Can't Fight the Moonlight"[A][B][E] 61 11 15 17 6 1 1 1
2001 "But I Do Love You" 18 103 * 20
"Soon" 14
2002 "Life Goes On"[B] 60 110 9 7 11 27 7 Twisted Angel
2003 "Tic Toc" 10
"Suddenly" 43 * 47 53
"We Can" 16 19 27 37 51 Greatest Hits
2004 "This Love" 37 * 54 26
"Nothin' 'Bout Love Makes Sense" 5 52 1 This Woman
2005 "Probably Wouldn't Be This Way" 3 54 8 19
2006 "Something's Gotta Give" 2 51 99 2
"Some People" 34
"And It Feels Like" 22 24 Whatever We Wanna
"Everybody's Someone"
(with Brian McFadden)
48 27
2007 "Strong"
"Nothin' Better to Do" 14 73 16 8 89 25 48 Family
2008 "Good Friend and a Glass of Wine" 35
"What I Cannot Change" 1

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]