Leônidas da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Leônidas»)
Leônidas
Información persoal
Nome Leônidas da Silva
Nacemento 6 de novembro de 1913 e 6 de setembro de 1913
Lugar de nacemento São Paulo
Falecemento 24 de xaneiro de 2004
Lugar de falecemento Cotia
Altura 1,65 m.
Posición Dianteiro centro
Carreira xuvenil
1923–1929 São Cristóvão
Havanesa
Barroso
Sul Americano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1929 São Cristóvão
1929 Syrio e Libanez 5 (5)
1930–1932 Bonsucesso 39 (23)
1934 Peñarol 16 (11)
1934 Vasco da Gama 4 (1)
1935 SC Brasil
1935–1936 Botafogo 19 (8)
1936–1941 Flamengo 88 (89)
1942–1950 São Paulo 120 (93)
Selección nacional
1932–1946 Brasil 19 (21)
Adestrador
1950 São Paulo
1951 São Paulo
1952 São Paulo
1954–1955 São Paulo
Na rede
IMDB: nm0196268 FIFA: 63829 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Leônidas da Silva, nado o 6 de setembro de 1913 no Río de Xaneiro e finado o 24 de xaneiro de 2004 en Cotia, (San Paulo), foi un dos principais xogadores brasileiros de fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñecido como o "Diamante Negro" ou o "Homem de borracha", Leônidas da Silva comezou a súa carreira en equipos locais no Río de Xaneiro. Despois de facer dous goles na súa estrea vestindo a camisola amarela da selección brasileira, foi xogar para o Peñarol do Uruguai en 1933. Despois dun ano, volveu ao Brasil para xogar no Vasco da Gama, ao cal axudou a gañar o Campionato Carioca de 1934. Despois de xogar o seu segundo mundial, en 1934, foi xogar co Botafogo e gañou outro Campionato Carioca en 1935. No ano seguinte, foi para o Flamengo, onde ficou ata o 1942. En 1938, foi o máximo anotador da Copa do Mundo con 8 goles, incluíndo catro marcados contra a Polonia. Iso fixo del o primeiro xogador da historia en marcar catro goles nun único encontro da Copa do Mundo. Na semifinal, contra a Italia o adestrador brasileiro reservou a Leônidas para a final. Brasil perdeu ese encontro por 2-1. Remataría a súa carreira xogando para o Sao Paulo.

Segundo se di, moitas xogadas populares hoxe en día partiron da súa imaxinación, coma a tesoira ou a bicicleta, aínda que el mesmo só se consideraba o perfeccionador desta última, xa que o inventor sería Petronilho de Brito.

Está enterrado no Cemitério da Paz en São Paulo.