Leónidas (choiva de meteoros)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Leónidas vistas dende o espazo.

As Leónidas son unha chuvia de meteoros que se produce cada ano entre o 15 e o 21 de novembro, alcanzando un máximo o día 18.

Cada 33 anos as Leónidas amosan un pico de actividade xa que o po do cometa Tempel-Tuttle (o corpo que as produce) non está repartido homoxeneamente ao longo da súa órbita. En anos normais, as Leónidas producen taxas da orde de 10-15 meteoros por hora.

Denison Olstead, mestre da Universidade de Yale, observou que os trazos dos meteoros parecían provir da constelación de Leo, de aí o seu nome. A cor destes meteoros é xeralmente avermellada, deixando con frecuencia unha estela de cor verde que persiste durante uns poucos segundos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leónidas Modificar a ligazón no Wikidata