León VI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "León VI")
Papas do século X
Antipapas

León VI , nado en Roma (descoñocese a data) e finado na mesma cidade en decembro 928, foi o papa n.º 123 da Igrexa Católica durante sete meses, de maio a decembro 928.


Biografía[editar | editar a fonte]

Romano de nacemento, nada se sabe da primeira etapa da súa vida, salvo que o seu pai se chamaba Cristovo e era un dignitario da corte pontificia. Antes de ser papa era cardeal presbítero da igrexa de Santa Susana. Foi elixido papa co apoio e influencias de Teodora I e filla desta Marozia.

As datas exactas da elección e morte de León VI son incertas

Faleceu, en decembro de 928, asasinado por orde de Marozia.

Pontificado[editar | editar a fonte]

O seu pontificado estivo dominado por Marozia, filla de Teofilacto I. Durante o seu breve pontificado non constan feitos de relevancia. O seu acto principal foi a regulación da xurisdición na xerarquía en Dalmacia, León VI decretou que o primado de Dalmacia e Croacia debía ser o Arcebispo de Split [1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]