León II, Emperador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Léon II

Caesar Flavius Leo Augustus ou León II (467 - 17 de novembro de 474) foi emperador do Imperio Romano de Oriente desde o 18 de xaneiro ao 17 de novembro de 474.

Era fillo de Zenón e de Ariadna (a filla de León I e Verina). León II fora nomeado sucesor de León I como parente masculino máis próximo do emperador. Accedeu ao trono cando morreu o seu avó, sendo aínda un neno de sete anos de idade. O seu pai actuou como rexente durante o seu reinado.

Aos 10 meses de iniciarse o seu reinado, León II morreu dunha enfermidade descoñecida e foi sucedido á fronte do Imperio polo seu pai, Zenón.


Imperio Bizantino

Segue a:
León I, Emperador
León II, Emperador
Precede a:
Zenón, Emperador
dinastía de León