Laysan
| Laysan | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Estados Unidos |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 4´11 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 25°46′N 171°44′W / 25.767°N 171.733°W |
| Maior Altura | 2´4 m. |
| Localización | |
Laysan (en hawaiano Kauō, historicamente Moller) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 1.500 km ao noroeste de Honolulú.
Xeografía [editar]
Laysan é unha illa baixa de area cun lago interior que está a 2,4 metros sobre o nivel do mar. A superficie total é de 4,11 km². O lago ten un grao de salinidade de entre 12 e 14%, o triplo que a auga do mar.
Laysan ten dúas especies endémicas en perigo de extinción: o pato anas laysanesis e o pardal telespyza cantans.
Historia [editar]
Laysan foi descuberta o 12 de marzo de 1828 polo capitán Stanikowitch do barco ruso Moller. En 1857 foi anexionada ao Reino das Hawaii e en 1890 foi cedida a unha compañía norteamericana para a explotación do guano. En doce anos de actividade mineira destruíuse o ecosistema da illa. A importante colonia de aves mariñas, especialmente de albatros, estivo en perigo de extinción. Por outra banda os traballadores do guano introduciron coellos que se reproduciron rapidamente ata devorar practicamente toda a vexetación. Ademais, os comerciantes xaponeses viñan a recoller plumas de aves. En 1909 o presidente Theodore Roosevelt declarou a maioría de illas de sotavento como reserva natural para a protección das aves. En 1923 extermináronse aos coellos e fíxose un esforzo para recuperar a vexetación nativa.