Lawazantiya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lawasanda»)

Lawazantiya ou Lawasanda, foi unha cidade hitita que é mencionada desde o rei Hattusilis I, situada a medio camiño entre Kanish e a rexión do Alto Éufrates, que marcaba a miúdo o límite oriental dos hititas. Estaba situada na fronteira con Isuwa (situada ao leste).

Hattusilis, o futuro rei Hattusilis III, que entón era aínda só rei de Hakpis, á súa volta de Apa (Siria) un par de anos despois da batalla de Qadesh, pasou por Lawazantiya, onde fixo ofrendas e libacións aos deuses e especialmente á súa deusa Sausga que o protexera desde neno, e casou con Pudú-Hepa, irmá de Pentib-sarri, gran sacerdote de Lawazantiya, matrimonio que talvez non tivo a aprobación real ou polo menos non gustou ao rei (o seu irmán Muwatallis II). Despois volveu ao norte, ao seu reino de Hakpis.

Sobre o -1185 Suppiluliumas II estableceu nesta cidade a súa liña de defensa terrestre contra os Pobos do mar, despois de que a frota hitita fose derrotada en Lukka. O xeneral de Ugarit, Sipti Baqal informaba ao seu rei do desastre: "o voso servente foi á posición fortificada de Lawasanda co gran rei, e agora o rei retirouse e fuxiu, sacrificouse". O desastre de Lawasanda, combinado coa conquista e destrución de Hattusa polos kaska puxeron fin ao Imperio Hitita.