Lausana - Lausanne
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Lausana (Lausanne en francés, Losena en arpitano) é unha cidade suíza de 129.429 habitantes (31 de decembro de 2007). Está situada ó leste do país, e é capital do estado ou cantón de Vaud.
Como cidade universitaria, goza de popularidade entre a xente nova. As principais características xeográficas da cidade son o lago de Xenebra e maila sua proximidade coa rexión de Gros-de-Vaud, de grande importancia agro-alimentaria na zona francófona de Suíza.
A lingua oficial tanto da vila coma do cantón é o francés. Dende o 14 de abril do ano 1803, Lausana converteuse oficialmente en capital cantonal do Estado de Vaud, este mesmo integrado na confederación Suíza, segundo a constitución da rexión. No ámbito internacional esta cidade acadou o seu renome grazas, entre autros aspectos, á Sede do Comité Olímpico Internacional. Grazas a isto, pódense atopar varias asociacións deportivas importantes na cidade.
A cidade de Xenebra, coñecida internacionalmente como sede da ONU, atópase tan só a poucos quilómetros de Lausana. Outras cidades como Vevey ou Montreux fan, cada vez máis, parte da "periferia" da cidade.
O porto, os viñedos e as vistas impresionantes dos Alpes franceses poden resultar de interese para o visitante.