Laureano Araujo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Laureano Xoaquín Araujo Cardalda»)
Infotaula de personaLaureano Araujo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Berna, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDereito, Ciencia política
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio, Tradución, Poesía
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1370700


Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, nado en Berna o 3 de xaneiro de 1964,[1] é un profesor, analista político e autor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos medios en Berna, no Instituto Económico Kirchenfeld.[2] Na Universidade de Santiago de Compostela licenciouse en dereito e doutorouse en ciencia política.[3][4] Tras varios anos como funcionario na Administración da Xunta de Galicia, exerce como profesor de carreira de Alemán de ensino secundario.[5]

Entre 2003 e 2009 foi membro do consello de redacción da Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS)[6][7] da Universidade de Santiago de Compostela, de cuxo comité científico forma parte.[8] É o autor de Café Federal,[9] un dos blogs[10] de Praza Pública, e participou na mesa de debate político do programa Vía V[11] de V Televisión.

En 2014 gañou o II premio de poesía Gonzalo López Abente[12] con Os días condenados. Fragmentos para un devocionario.[13][14][15]

En 2021 recibiu o XIX Premio Plácido Castro de Tradución coa tradución de Schlump, Erwin: Homicidio, de Friedrich Glauser.[16]

Obra[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Os días condenados. Fragmentos para un devocionario (Xerais, 2014)[20][21].

Artigos en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • “A cuestión lingüística en Francia: unha introducción ó caso do catalán”, en Constenla Bergueiro, Gonzalo, e Ana Luna Alonso (eds. e coords.), Linguas sen Estado e planificación lingüística (I): Italia e Francia (intr. de Gonzalo Constenla Bergueiro e Ana Luna Alonso), Vigo, Universidade de Vigo, Colección Monografías da Universidade de Vigo, Serie Humanidades e ciencias xurídico-sociais, 57, 2003, 171-192.[22]
  • “Retorno ás orixes da transición política: o impacto do Concilio Vaticano II en Galicia e en España”, en González Fernández, Helena, e María Xesús Lama López (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003, Sada, Ediciós do Castro, 2007, 1017-1029 [DVD].
  • “La laicidad y sus límites en España. Acción legislativa y bloque católico”, en Colino, César, e Ramón Cotarelo (comps.), España en crisis. Balance de la segunda legislatura de Rodríguez Zapatero, Valencia, Tirant lo Blanch / Tirant Humanidades, Colección Plural, 2012, 163-190.[23]
  • “A situación demográfica galega. Causas e recursos para a acción política”, en Barreiro Rivas, Xosé Luís, Rosa Matilde Pascual Monzó e Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (eds.), O reto demográfico de Galicia, Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Colección Xornadas, 1, 2012, 261-278.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sitio web persoal do autor
  2. "Gymnasium Kirchenfeld". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  3. Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "A Igrexa ten que medirse moito na súa oposición ao Estado en certos temas (entrevista de Cristina Rúa Cortizo)". Consultado o 29 de abril de 2015. 
  4. V Televisión, 'Vía V'. "Política y religión: ¿Una relación peligrosa?". Consultado o 23 de xuño de 2015. 
  5. Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "O ensino non está a atender a demanda laboral do alemán (entrevista)". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  6. "Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas". Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  7. "Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas". Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  8. "Comité científico da RIPS". Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  9. "Café Federal". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  10. "Obradoiro de Praza Pública". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  11. "'Vía V', de V Televisión". Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  12. Fundación Gonzalo López Abente. "Nova da concesión do II Premio de poesía Gonzalo López Abente". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  13. Bragado Rodríguez, Manuel. "Onte 1041: O poeta de Nemancos". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  14. Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "A poesía é o ámbito artístico no que a palabra é máis libre (entrevista de Ángel Palmou Cibeira)". Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  15. La Voz de Galicia. "A entrega será este sábado en Muxía". Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  16. "Fálase de Laureano Araujo ...". Praza Pública. Consultado o 2021-10-01. 
  17. Böll, Heinrich. "Opinións dun pallaso". Consultado o 16 de abril de 2018. 
  18. Mann, Thomas. "A morte en Venecia". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018. 
  19. Zweig, Stefan. "Momentos estelares da humanidade". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  20. Araguas, Vicente. "Silencios e condenas". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  21. Sinopsis del Libro. "Os Días Condenados - Laureano Xoaquín Araujo Cardalda". Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  22. "Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións". Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  23. "Tirant lo Blanch, Libros". Consultado o 3 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]