Laura Ponte Martínez
Laura Ponte Martínez, nada en Vigo o 9 de xuño de 1973, é unha top model galega. Durante anos foi considerada unha das modelos máis importantes de España e do mundo.[1] Mide 1,77 m, e ten unhas medidas de 89-60-89.
Traxectoria [editar]
Foi descuberta con 19 anos mentres estudaba Ciencias Políticas en Londres,[2] e pouco despois gañou o prestixioso premio Look of the year organizado pola axencia Elite,[3] o que supuxo o inicio dunha exitosa carreira, na que chegou a traballar para deseñadores como Valentino, Ralph Lauren, Hugo Boss ou Christian Lacroix[4] e a colaborar con fotógrafos como Steven Meisel, Richard Avedon ou Mario Testino.
En 1996 era a terceira modelo mellor pagada do mundo segundo un estudo da revista Harper's Bazaar[5] e desde 1998 ostentou o cargo de "Embaixadora da moda galega.[6]
Tras abandonar as pasarelas seguiu relacionada co mundo da moda, sendo a imaxe de marcas como Amichi e Cortefiel[7] e colaborando con algunha das revistas de moda máis importantes do sector en España como Telva[8] ou Elle.[9]
En setembro de 2004 casou con Luis Beltrán Ataúlfo Gómez-Acebo Borbón,[10] fillo da infanta Pilar de Borbón e sobriño do rei Xoán Carlos I, converténdose desde entón en habitual das revistas da prensa rosa.
Notas [editar]
- ↑ Biografía en Hola! (en castelán).
- ↑ Biografía en Vogue (en castelán).
- ↑ "La parejita de Laura Ponte", artigo en Las Provincias, 7 de xullo de 2006 (en castelán).
- ↑ Artigo na web de Supermodelo 2006 (en castelán).
- ↑ "El triunfo mundial de las españolas Esther Cañadas y Laura Ponte", artigo en El Mundo (en castelán).
- ↑ "Regreso a Cibeles", artigo en ABC, 17 de febreiro de 2002 (en castelán).
- ↑ "Laura Ponte entre Amichi y Cortefiel", artigo en Cosas de moda (en castelán)
- ↑ "Un día con Laura Ponte", artigo en Telva, 17 de marzo de 2008 (en castelán)
- ↑ "La belleza de Laura Ponte", artigo en Elle (en castelán).
- ↑ "La Familia Real en pleno asiste a la boda de Beltrán Gómez Acebo y Laura Ponte", noticia en www.terra.es (en castelán).