Laura Fraser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Fraser
Nacemento Laura Fraser
24 de xullo de 1976 (37 anos)
Glasgow, Escocia Escocia
Profesión Actriz (1996–presente)
Cónxuxe(s) Karl Geary
Fillo(s) 1 filla
Ficha na IMDb

Laura Fraser, nada o 24 de xullo de 1976 en Glasgow, é unha actriz escocesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fraser é a filla de Rose, unha profesora universitaria e enfermeira, e Alister Fraser, un guionista que tamén traballou en empresas.[1] Asistiu ó "Hillhead High School" e é membro da "Scottish Youth Theatre". Tamén se formou na "Royal Scottish Academy of Music and Drama". O seu debut televisivo foi en na serie da BBC Neverwhere (1996). No 1998 apareceu noutra produción da BBC chamada The tribe e co papel de "Lavinia" en Titus (1999). Tamén fixo outras aparicións en filmes como Vanilla Sky (2001), He knew he was right (2005), Casanova (2005), Reinchenbach falls, Talk to me (2007), Florence Nightingale (2008) e Single Father (2010).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Ten tres irmáns e está casada dende o 2003 co actor irlandés-estadounidense Karl Geary. Teñen unha filla en común. [2]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FilmReference.com — Laura Fraser Biography (1976–)
  2. FilmReference.com — Biografía de Laura Fraser (1976–)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]