Laura Dern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Dern en 2010.

Laura Elizabeth Dern, nada nos Ánxeles o 10 de febreiro de 1967, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dos actores Bruce Dern e Diane Ladd, Dern actuou en filmes como Smooth Talk (1985), Blue Velvet (1986), Fat Man and Little Boy (1988), Wild at Heart (1990), Jurassic Park (1993) ou October Sky (1999). Polo filme Rambling Rose de 1991 foi candidata ao Óscar á mellor actriz de 1991. Gañou un Globo de Ouro por Afterburn en 1992 e polo papel de Katherine Harris, secretaria de Estado de Florida, no telefilme Recount (2008).