Laura Alonso Padín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Alonso
Laura Alonso.jpg
Laura Alonso en 2009.
Nome completo Laura Alonso Padín
Naceu 1973
Orixe Vilagarcía de Arousa
Galicia Galicia
Ocupación (s) Cantante.
Xénero Ópera
Instrumento(s) Voz
Tipo de voz Soprano
Relacionado con Aalto-Musiktheater Essen
Na rede
www.laura-alonso.com

Laura Alonso Padín, nada en Vilagarcía de Arousa en 1973, é unha soprano operística galega. Comezou a súa carreira en 1999, cando se converteu en membro do Aalto-Musiktheater de Essen (Alemaña). Tamén ten aparecido como artista principal en moitos teatros internacionais con distintas agrupacións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Laura Alonso Padín naceu en 1973 na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa. Comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de Santiago de Compostela, proseguíndoos na Escola Superior de Canto de Madrid co barítono Antonio Blancas.[1] Tras graduarse en canto e violín marcha a Alemaña a estudar na Hochschule für Musik de Karlsruhe en 1993 coa prestixiosa bolsa de estudos da Fundación Alexander von Humbolt alemá cos profesores Aldo Baldin, Anna Reynolds e Jean Cox, e lied con Hartmut Höll, entre outros mestres.

Aos 21 anos cantou a súa primeira ópera, Fidelio, de Ludwig van Beethoven, no Aalto-Musiktheater da cidade alemá de Essen,[2] onde aos 23 anos entrou na súa compañía de ópera. No teatro alemán interpretou entre outros, os papeis de Mimí en La Bohème, Gilda en Rigoletto, Susanna en Le nozze di Figaro, Zdenka en Arabella, Pamina en Die Zauberflöte, ou a en Dialogues des carmélites, así como numerosos concertos. Destacou tamén a súa interpretación do papel de Magda na ópera de Puccini La rondine en Utrecht e Ámsterdan coa orquestra TROS, sustituíndo de xeito precipitado a Angela Gheorghiu, e obtendo un gran éxito de crítica. Debutou na Staatsoper Unter den Linden de Berlín coa ópera de Richard Strauss Ariadne auf Naxos.

En decembro de 2006 publicou o que é considerado o seu traballo discográfico máis ambicioso, "Col sorriso d'innocenza", un traballo que recolle arias pouco coñecidas de belcanto en colaboración coa Orquesta Filarmónica de Málaga e que colleitou excelentes críticas entre a prensa operística internacional. No ano 2007 encarnou a Sandrina en La finta giardiniera de Mozart durante o Festival de Salzburgo con motivo do ano Mozart, e ese mesmo ano inaugurou o Auditorio Miguel Delibes de Valladolid interpretando un programa de arias de belcanto co tenor canario Celso Albelo e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León baixo a batuta de Alejandro Posada. En 2009 participou na estrea en Alemaña da ópera de Granados Goyescas, encarnando a Rosario.

Foille concedido o Premio á Mellor Artista do Teatro, concedido por votación popular, e cantou no Teatro no 2010 durante as celebracións da Capital Europea da Cultura 2010, cando a cidade representou á rexión de Ruhr. En novembro dese mesmo ano debutou no Alice Tully Hall do Lincoln Center (Nova York) na representación da ópera de Ricardo Llorca Las horas vacías, obtendo un gran éxito de crítica e público.

En 2011 debutou no Teatro Colón de Bos Aires (Arxentina), onde encarnou a Lulu, na ópera homónima de Alban Berg baixo a dirección do estadounidense Stefan Lano e con Alfredo Arias na dirección escénica. Ese mesmo ano debutou en Roma cantando a Sinfonía Nº 4 de Mahler, e realizou diversos concertos e producións operísticas en países como México, Perú, Chile ou Brasil.

Actualmente reside en Berlín.[2]

Repertorio[editar | editar a fonte]

Ópera e opereta[editar | editar a fonte]

Repertorio operístico
Personaxe Título Compositor
Marzelline Fidelio Beethoveen
Amina La sonnambula Bellini
Elvira I puritani Bellini
Beatrice Beatrice di Tenda Bellini
Norma Norma Bellini
Giulietta I Capuleti e i Montecchi Bellini
Zaira Zaira Bellini
Alaide La straniera Bellini
Lulu Lulu Berg
Micaela Carmen Bizet
Leïla Les pêcheurs de perles Bizet
Margherita Mefistofele Boito
Melisande Pelleas et Melisande Debussy
Salud La vida breve Falla
Trujamán El retablo de Maese Pedro Falla
Lakmé Lakmé Delibes
Maria Maria Stuarda Donizetti
Rita Rita Donizetti
Lucia Lucia di Lammermoor Donizetti
Adina L'elisir d'amore Donizetti
Marie La Fille du régiment Donizetti
Maria Maria Padilla Donizetti
Pia Pia de' Tolomei Donizetti
Lucrezia Lucrezia Borgia Donizetti
Anna Anna Bolena Donizetti
Linda Linda di Chamounix Donizetti
Norina Don Pasquale Donizetti
Gemma Gemma di Vergy Donizetti
Sancia Sancia di Castiglia Donizetti
Elisabetta I Roberto Devereux Donizetti
Eleonora Il furioso all'isola di San Domingo Donizetti
Margherite Faust Gounod
Juliette Romeo et Juliette Gounod
Rosario Goyescas Granados
Rodelinda Rodelinda Händel
Alcina Alcina Händel
Cleopatra Giulio Cesare Händel
Gretel Hänsel und Gretel Humperdinck
Beide Sopran-Partien Die lustige Witwe Franz Lehár
Las horas vacías Ricardo Llorca
Isabella, regina di Spagna Una cosa rara Martín y Soler
Manon Manon Massenet
Thaïs Thaïs Massenet
Esclarmonde Esclarmonde Massenet
Marghérite de Valois Les Huguenots Meyerbeer
Königin der Nacht Die Zauberflöte Mozart
Pamina Die Zauberflöte Mozart
Susanna Le nozze di Figaro Mozart
Contessa Le nozze di Figaro Mozart
Donna Anna Don Giovanni Mozart
Donna Elvira Don Giovanni Mozart
Servilia La clemenza di Tito Mozart
Despina Cossì fan tutte Mozart
Fiordiligi Cossì fan tutte Mozart
Ilia Idomeneo Mozart
Sifare Mitridate Mozart
Sandrina La finta giardiniera Mozart
Konstanze Die Entführung aus dem Serail Mozart
Blonde Die Entführung aus dem Serail Mozart
Zaide Zaide Mozart
Frau Fluth Die lustigen Weiber von Windsor Nicolai
Antonia Les contes d'Hoffmann Offenbach
Olympia Les contes d'Hoffmann Offenbach
Giulietta Les contes d'Hoffmann Offenbach
Magda La rondine Puccini
Musetta La Bohème Puccini
Liù Turandot Puccini
Blanche Dialogues des carmélites Poulenc
Maria Egiziaca Respighi
Semiramide Semiramide Rossini
Giulia La scala di seta Rossini
Fiorilla Il turco in Italia Rossini
Pamira Le siège de Corinthe Rossini
Mathilde Guillaume Tell Rossini
La Comtesse Le comte Ory Rossini
Matilde Matilde di Shabran Rossini
Cleopatra Giulio Cesare Sartorio
Adele Die Fledermaus J. Strauss II
Zdenka Arabella R. Strauss
Sophie Der Rosenkavalier R. Strauss
Aminta Die schweigsame Frau R. Strauss
Zerbinetta Ariadne auf Naxos R. Strauss
Aithra Die ägyptische Helena R. Strauss
Danae Die Liebe der Danae R. Strauss
Ophèlie Hamlet Thomas
Elisabetta di Valois Don Carlos Verdi
Nannetta Falstaff Verdi
Violetta La traviata Verdi
Oscar Un ballo in maschera Verdi
Gilda Rigoletto Verdi
Luisa Luisa Miller Verdi
Giovanna Giovanna d'Arco Verdi
Woglinde Das Rheingold Wagner
Ortlinde Die Walküre Wagner
Helmwige Die Walküre Wagner
Waldvogel Siegfried Wagner
Woglinde Götterdämmerung Wagner
Ännchen Der Freischütz Weber

Zarzuela[editar | editar a fonte]

Zarzuela
Compositor Zarzuela(s)
Barbieri El barberillo de Lavapiés, Los diamantes de la corona e Jugar con fuego
Fernández Caballero Gigantes y cabezudos
Chapí El rei que rabió
Guridi El caserío
Jerónimo Giménez La tempranica
Pablo Luna En niño judío
José Serrano Los claveles e La canción del olvido
Pablo Sorozábal La del manojo de rosas e Katiuska
Arrieta Marina
Vives Maruxa
Usandizaga Las golondrinas
Moreno Torroba Luisa Fernanda e La marchenera

Oratorio e outros[editar | editar a fonte]

Outros
Compositor Obra(s)
Bach Oratorio de Nadal, A paixón según San Xoán, A paixón según San Mateo, Jauchzet Gott in allen Landen e Magnificat
Beethoven Sinfonía Nº9, Egmont, Misa en Do Maior e Christus am Ölberge
Berg Sieben Frühe Lieder
Berlioz L´enfance du Christ (La Vièrge Marie) e Les nuits d'été
Boccherini Stabat Mater
Brahms Réquiem Alemán e Liebeslieder-Walzer
Bruckner Te Deum e Misa Nº 3
Canteloube Chants d'Auvergne
Charpentier Te Deum
Chausson Chanson Perpetuelle e Poéme de l´amour et de la mer
Debussy La demoiselle elúe e L´enfant prodigue
Falla El sombrero de tres picos (La Molinera), El amor brujo (Candelo) e Atlàntida (Reina Isabela e Pirene)
Dvořák Requiem
Esplá Cinco canciones playeras españolas
Glière Konzert für Koloratursopran
Gounod Messe solennelle à Sainte Cécile
Händel La resurrezione, O Mesías, Judas Maccabaeus, Joshua e Acis and Galatea
Haydn Die Schöpfung, Die Jahreszeiten, Scena die Berenice, Missa in Angustiis e Stabat Mater
Liszt Christus
Mahler Sinfonía Nº 2, Sinfonía Nº 4 e Sinfonía Nº 8
Mendelssohn Elias, Paulus e Ein Sommernachtstraum
Montsalvatge Cinco canciones negras
Mozart Misa en Do menor, Requiem, Missa solemnis, Krönungsmesse, Regina Caeli e Exsultate, Jubilate
Orff Carmina Burana
Pergolesi Stabat Mater e Orfeo
Poulenc Stabat Mater e Gloria
Rachmaninov Vocalise e As campás
Ravel Shéhérazade
Rodrigo Cuatro madrigales amatorios
Rossini Petite messe solennelle, Stabat Mater e Messa di Gloria
Schubert Stabat Mater e Der Hirt auf dem Felsen
Schmann Das Paradies und die Peri
R. Strauss Vier Letzte Lieder
J. Strauss (fillo) Frühlingsstimmen-Walzer
Szymanowski Stabat Mater
Turina Canto a Sevilla
Verdi Quattro Pezzi sacri e Requiem
Villa-Lobos Bachiana Nº 5
Vivaldi Gloria e Laudate pueri
Zemlinsky Lyrische Sinfonie

Premios[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gran Enciclopedia Galega Silveiro Cañada
  2. 2,0 2,1 Españoles por Europa (3) en El País

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]