Laudio - Llodio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Llodio ou Laudio[1] é un municipio da provincia de Álava, País Vasco (España), situado no val homónimo e na Cuadrilla de Aiara.
Trátase dun importante centro industrial e o segundo municipio máis poboado da provincia de Álava, logo da capital Vitoria-Gasteiz. Actualmente ten 18.276 habitantes (INE 2008).
Localización xeográfica [editar]
Laudio atópase no noroeste da provincia de Álava e lindando coa de Biscaia no val medio do río Nervión.
O municipio de Laudio limita cos alaveses de Okondo e Ayala e os biscaíños de Arrancudiaga e Orozco. A pesar de formar parte da provincia de Álava, Laudio pertence ao área de influencia de Bilbao, que queda só a 20 km de distancia. Pola contra, Vitoria-Gasteiz, a capital provincial, está máis afastada, a 50 km de distancia.
Notas [editar]
|
|||||||