Latino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Latino era rei dos aborixes da Península Itálica cando os troianos chegaron ó Lacio. Impresionado pola súa perseveranza e valor, deulles asilo e lugar onde fundar unha cidade. Tamén casou a Eneas coa súa filla Lavinia. Este, en honor á súa muller, chamoulle Lavinio á nova cidade. O rei Latino morreu durante a guerra cos etruscos e rútulos comandados por Turno e o rei Mecencio. Eneas chamoulle latinos ó conxunto de aborixes e troianos na memoria deste rei.