A Laracha
Coordenadas: 43°14′55″N 8°35′0″W / 43.24861°N 8.583333°W
| A Laracha | |
|---|---|
| Vista xeral de Caión, parroquia costeira da Laracha | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | larachés |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Comarca de Bergantiños |
| Poboación | 11367 hab. (2012) |
| Área | 125,8 km² |
| Densidade | 90,36 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Manuel López Varela (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 13 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais na Laracha | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,43% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellolaracha.com | |
A Laracha é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2012 tiña 11.367 habitantes (11.171 no 2009, 10.803 no 2006, 10.806 no 2005, 10.800 no 2004, 10.782 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés».
| Evolución da poboación de A Laracha (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 7.993 | 10.039 | 12.213 | 11.710 | 10.800 | 11.213 | 11.367 | |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía [editar]
O concello, de 126,3 km², abrangue 13 parroquias, sendo as máis extensas as de Soandres e Montemaior. Caión é a única que ten contacto co mar, no golfo Ártabro, no límite norleste da Costa da Morte.
A zona sur está marcada pola chaira de Ordes e os montes baixos da serra de Montemaior, co monte Pedrouzo (521 m) e Pena Galluda (552 m). O centro está marcado polo val do río Anllóns, que se abre cara ao oeste e recibe as augas do Acheiro. Cara ao norte está a serra de Santa Leocadia, no límite con Arteixo.
Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves e escasa oscilación térmica, fortes precipitacións e elevada humidade. A vexetación autóctona foi substituída en boa medida por especies de repoboación como piñeiros e eucaliptos. A zona de monte ocupa un terzo da superficie total do municipio. Porén, quedan carballeiras como a de Santa Margarida, a de San Fins e a da capela de Comiáns.
Poboación [editar]
| Censo | 11.367 habitantes |
| Menores de 16 anos | 1.310 (11,52 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 7.312 (64,33 %) |
| Maiores de 64 anos | 2.745 (24,15 %) |
Historia [editar]
Os restos de asentamentos humanos máis antigos conservados no concello son do período megalítico, como o túmulo do Cruceiro (Lendo), mámoa de Fofelle (Lestón), mámoa da Fraga (Lendo), túmulo funerario na Medorra (Coiro), túmulo das Medorras na Ferreira (Montemaior), túmulo megalítico O Forno dos Mouros en Silvoso (Soandres), Pedra Fita do Loureiro ou Pedra do Gicho (Erboedo), medorra do couto de Outeiro (Montemaior), túmulo de Carboeiro en Portela (Erboedo), A Medorra do Codeso en Vilariño (Montemaior) ou o Túmulo das Rebuceiras (Lemaio).
No lugar de Lendo apareceron dúas machetas da idade do bronce. Da cultura castrexa consérvanse 19 poboados castrexos: castro de San Román e castro de Riotorto (ou Os Castros, ou o Petón do Castro, os dous en Cabovilaño); castro da Medoña (Coiro); A Castreira (ou As Castreiras, en Erboedo); castro da Condesa (ou Bico do Castro, en Lemaio); castro de Lestón (ou Os Castros, ou Agra do Castro Lestón), castro de Erboedo (ou Os Castros, ou As Croas), castro do Retorno e castro de Fofelle (Lestón); castro da Pena ou O Petón (Montemaior); castro de Condesuso (ou O Castriño), castro de Santa Baia (ou Croa de Santa Baia), castro de Cerqueira (ou de Refoxo), castro de Revirente, O Castro (ou Os Castros) e castro de Santa Baia (Soandres); castro de Gabenlle (ou Castro das Croas, ou Os Castros, en Torás); castro de Montesclaros (ou Os Castros, no que apareceu numerosa cerámica) e castro Pequeno (ou castro das Motas, ou a Mota, en Vilaño).
Durante a romanización de Galicia construíronse diversas vías, pasando por aquí a Per Loca Marítima. En 1987 atopouse na igrexa de Vilaño un miliario da época do emperador Magnentio, a mediados do século IV. No mosteiro de Soandres había unha ara votiva (conservada na catedral de Santiago de Compostela) cunha inscrición sobre un antigo templo adicado a Hércules Xónico.
Na igrexa de Lemaio consérvanse uns capiteis prerrómanicos, usados como pía de auga bendita. A igrexa de Soandres ten a súa orixe nun cenobio beneditino, que aparece documentado a finais do século X. Segundo o historiador Carlos Martínez Pereira a finais do s. XIII e principios do XIV na parroquia de Lendo estableceuse unha encomenda da orde do Temple, da que quedan mostras na igrexa parroquial.
A familia Pardo das Mariñas dominou a xurisdición que ocupou boa parte do concello desde o século XIV. As Torres de Cillobre foron creadas como construción defensiva, sendo reconvertidas en casa señorial. Diego das Mariñas foi o primeiro capitán xeral do Reino de Galicia. Outros nobres que habitaron esta casa foron os Bolaño, Ribadeneira, Parragués, Soutomaior e Moscoso.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes da Laracha.
Parroquias [editar]
Lugares da Laracha [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Laracha vexa: Lugares da Laracha.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
| Concellos da Comarca de Bergantiños | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabana de Bergantiños |
Carballo |
Coristanco |
A Laracha |
Laxe |
Malpica de Bergantiños |
Ponteceso |
|