Lapa rústica
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A lapa rústica[1] (Patella rustica ou Patella lusitanica) é un molusco gasterópodo da familia dos patélidos. Habita na zona intermareal onde bate moito a marea, sobre as rochas do litoral mediterráneo, e no atlántico de Mauritania a Biarritz [2]. A cuncha é un cono achatado cun ápice central, de cor abrancazada ou acastañada con finas costelas radiais[3], con estrías escuras no interior da cuncha. A súa lonxitude pode chegar os 50 mm de longo[4].
Notas [editar]
- ↑ Nome comercial da especie en Galicia:[1]
- ↑ Erhardt Moosleitner e Hans A. Baensch Marine Atlas 2. Steven Simpson Books, 2003, páxina 570
- ↑ Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt Guía dos moluscos de Galicia, Galaxia, 1996, páxina 22
- ↑ Erhardt Moosleitner e Hans A. Baensch ob. cit.