Laodamía, filla de Acasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo a mitoloxía grega, Laodamia (Λαοδάμεια, Laodámeia) foi filla de Acasto e de Astydamía.

Casou co heroe tesalio Protesilao, ó que amaba apaixoadamente. Sabendo que o seu marido morrera na guerra de Troia, suplicou ós deuses que o fixeran volver do Hades. Estes deixárono volver só durante tres horas. Ó pasar o tempo, cando Protesilao vai desaparecer, ela suicídase para seguilo ó outro mundo.