Lao Zi
Lao Zi (Pinyin: Lǎozǐ; Wade-Giles: Lao tzu; tamén escrito Lao Tsé) foi un famoso filósofo chinés que viviu aproximadamente no século VII a.C., durante as Cen Escolas de Pensamento e o Período dos Reinos Combatentes. A el élle atribuída a autoría da obra fundadora do taoísmo: o Tao Te King.
Índice |
[editar] Características
Para algúns, Laozi é un personaxe mítico, xa que o seu nome quer dicir "O vello", ou "vello Mestre". A lenda conta que el naceu coa aparencia dun vello, por isto recebiu este nome. Considerase que isto pode ser unha metáfora sobre a antigüidade do taoísmo, anterior á redacción do Tao Te King.
Lao Tsé, segundo a tradición chinesa, naceu por volta de -600, na moderna provincia de Hunan, e traballou moitos anos como bibliotecario real. Despois de Confucio, ninguén exerceu tan grande influencia no pensamento e na historia da China como Lao-Tsé, tradicionalmente considerado fundador do movemento filosófico designado por taoísmo. O seu contacto cos libros e a sua sabedoría persoal inducírono a crear unha doutrina de carácter panteísta segundo a cal o Tao, ou camiño, é o principio material e espiritual, creador e ordenador do mundo. No terreo práctico preconizou a vida contemplativa e a supresión de calquera desexo.
[editar] Citas de Laozi
Velaquí un poema do Tao Te King:
-
-
- O que coñece os demais é intelixente.
- O que se coñece a si mesmo é iluminado.
- O que vence os demais é forte.
- O que se vence a si mesmo é a forza.
-