Lansdowne Road

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lansdowne Road
Leinster2006.jpg
Flag of Ireland.svg Lansdowne Road
Datos
Localización Dublín, Irlanda
Construción
Inauguración 1872
Demolición 2007
Estadio
Superficie Céspede natural
Capacidade 49.000
Propietario Irish Rugby Football Union
Localía Selección de rugby de Irlanda (1872-2006)
Selección de fútbol de Éire (1971-2006)

Para o novo estadio véxase: Aviva Stadium

Lansdowne Road (en irlandés:Bóthar Lansdúin) era un estadio de deportes sito en Dublín pertencente á Federación Irlandesa de Rugby (IRFU) e utilizado principalmente por ela, mais tamén para partidos internacionais de fútbol, finais de competicións e concertos de música. Foi demolido en 2007, e estase a construír no seu lugar un novo estadio, o coñecido coma novo Lansdowne Road: o Aviva Stadium.

Lansdowne Road é tamén o nome da rúa lindeira, da que o estadio recibiu o nome.

Localización[editar | editar a fonte]

Un DART train pasa por baixo do estadio de Lansdowne Road

O estadio estaba situado no barrio de Ballsbridge na cidade de Dublín na 4 área. Cruzaba o Río Dodder e estaba próxima a moitas casas de redbrick vitorianas, a ponte é que o cruzaba é a Pont de Herbert e conecta co cruzamento de Estrada de Herbert e a Avenida Newbridge.

Ao estadio púxoselle o nome da estrada próxima, á cal, a cambio, se lle puxo o nome de Marqués de Lansdowne. O Marqués era tamén o Conde de Shelbourne, e a estrada de Shelbourne próxima tamén se chama así por el.

Como curiosidade, o Lansdowne Road pódese xactar de ter o mellor e máis conveniente sistema de acceso ao transporte público que calquera outro estadio no mundo, isto é por que a estación "Lansdowne Road" do ferrocarril de Dublín (O Dublin Area Rapid Transit ou DART), atópase á saída do estadio e cruza por baixo da tribuna oeste. Este era ate 2007, o estadio máis antigo do mundo sobre o que se seguía xogando tanto a Rugby como Fútbol. Destaca así mesmo polo incríbel ambiente que se xera en cada partido da selección irlandesa, cunha afección que non deixa en ningún momento de animar ao seu equipo, convertendo o estadio nunha caldeira.

A súa capacidade variaba segundo o deporte, posto que no rugby non existe unha limitación de prazas de pé, feito que si se dá no fútbol. Por este motivo as terrazas situadas nos fondos norte e sur adaptábanse con cadeiras, polo que o aforamento do estadio diminuía de 49.000 a 36.000 espectadores. No ano 2004 o goberno irlandés xunto coas federacións de rugby (IRFU) e fútbol (FAI) chegaron a un acordo para remodelar por completo Lansdowne Road durante o ano 2007 e 2008, polo que ambas seleccións deberán disputar os seus encontros no estadio Croke Park, pertencente á asociación de fútbol gaélico (GAA) até o ano 2010.

Podemos engadir, como referencia, que este estadio foi usado para concertos dalgunhas bandas tan famosas como R.E.M., U2 e The Corrs, conseguindo enchelo.

Incidentes[editar | editar a fonte]

Irlanda contra Inglaterra[editar | editar a fonte]

O 6 de febreiro de 1995, uns seareiros enfurecidos causaron que o árbitro tivese que abandonar o terreo de xogo aos 27 minutos[1] por anularlle un gol a Inglaterra.

Notas[editar | editar a fonte]