Langur dourado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Langur dourado
Langur dourado.
Langur dourado.
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Cercopithecidae
Xénero: 'Trachypithecus'
Especie: ''T. geei''
Nome binomial
''Trachypithecus geei''
(Khajuria, 1956)
Área de distribución do langur dourado.

Área de distribución do langur dourado.

O langur dourado (Trachypithecus geei) é un primate da familia dos Cercopithecidae que se pode atopar no estado indio de Assam e nas Montañas Negras de Bután. Trátase da especie de primate máis ameazada da India a pesar de ser un animal sagrado para os habitantes do Himalaia.

Descrición[editar | editar a fonte]

O langur dourado caracterízase pola cor da súa pelaxe, que varía entre o dourado e o crema brillante. A súa face é completamente negra e ten unha cola longa de até 50 cm.

Distribución e costumes[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución está moi restrinxida na actualidade; con só unos 100 km² limitados no sur polo río Brahmaputra, no leste polo río Manas, no oeste polo río Sankosh e no norte polas Montañas Negras de Bután. Crese que esta barreira bioxeográfica é a responsábel da orixe da especie a partir do seu pariente más cercano, o Trachypithecus pileatus.[1]

O número de individuos contabilizados en 2001 era de 1.064, que estaban divididos en 130 grupos. Destes, cando menos o 60% eran adultos, o que reflicte unha escaseza de individuos non maduros, sendo isto un indicador do declive poboacional da especie. A principal causa da súa desaparición e a degradación do seu hábitat pola actividade humana. Unha pequena poboación que se atopa nunha plantación de caucho en Kokrajhar, distrito de Assam, incrementou a súa poboación de 38 a 52 individuos entre 1997 e 2002. Esta poboación adaptouse para alimentarse de sementes secas das árbores de caucho.[2]

O langur dourado é un animal gregario que se relaciona en grupos de varios individuos. Os grupos teñen un promedio de 8,2 animais e a proporción de adultos é de 2,3 femias por cada macho. Non obstante, a meirande parte dos grupos só teñen un macho adulto. Na maior parte do seu hábitat, o langur dourado atópase confinado ás árbores de máis altura, onde a súa cola lle permite abanearse entre as pólas. Aliméntase de froita, sementes, flores, gromos e follas verdes.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Distínguense dúas subespecies:

  • Trachypithecus geei geei (Khajuria, 1956).
  • Trachypithecus geei bhutanensis (Wangchuk, 2003).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wangchuk, Tashi; Inouye, David W.; Hare, Matthew P (2008). The Emergence of an Endangered Species: Evolution and Phylogeny of the Trachypithecus geei of Bhutan. 29. pp. 565–582. 
  2. Rekha Medhi, Dilip Chetry, P. C. Bhattacharjee and B. N. Patiri (2004). Status of Trachypithecus geei in a Rubber Plantation in Western Assam, India. 25. pp. 1331–1337. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Langur dourado
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Langur dourado

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]