Langon, Xironda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLangon, Xironda
Langon (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°33′11″N 0°14′58″O / 44.5531, -0.2494Coordenadas: 44°33′11″N 0°14′58″O / 44.5531, -0.2494
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes
DepartamentoXironda
Distritosarrondissement of Langon (en) Traducir
Cantóncanton of Langon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación7.345 (2021) Editar o valor em Wikidata (535,74 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921269 Traducir
Q24933440 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie13,71 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Garona Editar o valor em Wikidata
Altitude23 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33210 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Penzberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Sitio weblangon33.fr Editar o valor em Wikidata

Langon (en gascón, Lengon) é un concello francés, situado no departamento da Xironda e a rexión da Aquitania, capital de distrito electoral.

Os seus habitantes teñen o xentilicio de langoneses.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Langon, e a súa área urbana no Sul-Gironda, atópase a 48 km ao sur leste de Bordeos na beira esquerda do Garona, preto do límite entre viñedos das Graves e o linde das Fragas das Landas.

Tradicionalmente parada da estrada Bordeos a Tolosa, a vila é hoxe en día comunicada pola SNCF, estación de Langon da liña de Bordeos a Sète, e pola autoestrada dos Dous Mares (A62) de Bordeos a Tolosa.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia da cidade non se desliga da de Bazas, quince quilómetros ao sur, importante centro militar e relixioso da antigüidade ata o século XVIII, da que Langon era o seu porto no río Garona, rivalizando en tempo co de Bordeos. Aproveitando a súa situación privilexiada en torno a un cóbado do río, na confluencia co Brion, Langon pasa a ser unha cidade con mercado, da estrada entre Bordeos e Agen. Conta con dúas freguesías dende o século XII, Nosa Señora e Santo Xervasio, formando dous barrios unidos da vila.

Langon salienta polo viño, do que obtivo beneficio e tamén polo porto, no cruzamento do Sauternais e das Graves. Entra nun decline relativo a partir do século XVIII, perdendo a súa diocese despois da Revolución francesa, o seu tribunal de grande instancia no século XX, e boa parte dos seus artesáns, mais Langon coñece unha repunta comercial e industrial. En 1923, os distritos de Bazas e La Réole fusiónanse, e Langon recupera a sub-prefectura.

Culturalmente, Langon sitúase no área do gascón. O nome da cidade en Gascón é Lengon (pronunciado Lengún). E forma parte da rexión histórica do Bazadais.

Heráldica[editar | editar a fonte]

O escudo da cidade contén, en fondo de ouro, tres barras verticais vermellas.

Demografía[editar | editar a fonte]

A aglomeración de Langon conta (nun perímetro idéntico ao do 1999) con 10.568 habitantes en 2006, un 18 % máis ca en 1999, cando tiña 8.975 habitantes. As outras comunidades da aglomeración son Toulenne (2.405 habitantes) e Saint-Pierre-de-Mons (1.028 habitantes). A área urbana conta (nun perímetro idéntico ao do 1999) con 13.687 habitantes en 2006 contra 11.423 habitantes no censo de 1999 sendo un aumento do 20% e tres comunidades máis: Fargues (1.526 habitantes), Roaillan (1.096 habitantes) e Saint-Pardon-de-Conques (497 habitantes). O crecemento demográfico, debido ao establecemento da aglomeración de Bordeos, é actualmente sostido, e debería traducirse nun aumento nas cifras do vindeiro censo.

Economía[editar | editar a fonte]

Langon en Xironda.

A cidade dispón dunha delegación da Cámara de comercio e industria de Bordeos.

A autoestrada A65, en construción dende xuño de 2008, vai unir Langon e Pau.

Lugares e monumentos[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Saint-Gervais. Destruída e despois reconstruída no século XII, en primeiro estilo gótico, foi rematada no século XIX. En 1966, descubriuse aquí unha pintura de Francisco de Zurbarán (1598-1664), A inmaculada concepción (1661).
  • Os restos da igrexa da nosa señora do burgo. Igrexa do século XII, numerosas veces restaurada, que foi sometida a importantes destrucións antes de pasar a ser patrimonio nacional durante a revolución, foi transformada en lugar de reunión e espectáculos coma o cinema. En 1926, o propietario decidiu vender a meirande parte dos capiteis a un rico coleccionista norteamericano. Oito deles está hoxe en día expostos no Museo dos claustros en Nova York.
  • A mesquita do parque dos "Vergers". Construído no século XIX no gusto do orientalismo, e non coma lugar de culto, non serviu máis que lugar de peso dos participantes nas probas do hipódromo.
  • Os peiraos. O porto de Langon coñeceu o seu apoxeo no século XVII, na época onde os viños partían cara Bordeos polo río. Hoxe é lugar de paseo, un tanto esquecido. Máis arriba instalouse un porto industrial para o transporte de pezas dende o Atlántico ata a aglomeración tolosana.
  • Castelo de Respide.

Vida local[editar | editar a fonte]

O xornal republicano Sud-Gironde, instalouse en Langon dende o comezo dos anos 1990.

Educación[editar | editar a fonte]

  • Hai escolas elementais e institutos.
  • Unha biblioteca municipal completa o apartado educativo.

Servizos públicos[editar | editar a fonte]

Langon é sede dunha subprefectura, un centro hospitalario (Général Pasteur)‎, un servizo provincial de bombeiros, un posto policial, unha estafeta de correos, unha recadación tributaria, unha casa de retiro, unha oficina de turismo e unha oficina de emprego.

Deporte[editar | editar a fonte]

Cultura[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Personalidades relacionadas coa vila[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]