Longobardia Maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Langobardia Maior»)
Ver artigo principal: longobardos.

Longobardia Maior era o nome que, en época altomedieval, recibían os dominios longobardos da Italia setentrional e da actual Toscana (Ducado de Tuscia). Estaba dividida en numerosos ducados e incluía a capital do reino dos longobardos, Pavia. No 774 entrou a formar parte do Sacro Imperio Romano de Carlomagno.

Territorio[editar | editar a fonte]

Entrados en Italia a través do Friúl no 568, os longobardos tiráronlles aos bizantinos unha gran parte do territorio continental ao sur dos Alpes, sen poderes constituír, cando menos inicialmente, un dominio homoxéneo e contiguo. As terras sometidas reagrupáronse, na terminoloxía da época, en dúas grandes áreas: a Longobardia Maior, dos Alpes á actual Toscana, e a Longobardia Minor que incluía os i territorios ao sur das posesións bizantinas (que no último tramo do século VI se estendían desde Roma a Rávena a través das actuais Umbría e As Marcas).

O control dos longobardos sobre o territorio non foi, canda menos inicialmente, homoxéneo; minoría militar, concentráronse, repartidos nas tradicionais faras, nas sedes ducais ou nos puntos estratéxicos (ao longo das vías de comunicación ou preto dos seus confíns). Só co tempo, e en modo decisivo baixo o reinado de Liutprando (712-744), se desenvolveu un pleno control do territorio. Resulta así arduo indicar con precisión os confíns da Longobardia Maior, cando menos nas primeiras fases. No momento da irrupción desde a Pannonia, no 568, os longobardos ocuparon máis ou menos homoxeneamente gran parte da Val do Po - a porción nororiental completa (os actuais Véneto e Friúl, salvo Padua, Oderzo e unha estreita faixa costeira); a porción central ao norte do Po, con Brescia, Bérgamo, Milán, Pavia e o val completo de Ticino (ficaron inicialmente excluídas Cremona e a Illa Comacina); l'intera porción noroccidental completa, isto é a actual Piemonte (pero non a Liguria) - e da actual Toscana.

Fica difícil establecer, para toda a duración do reino longobardo, o efectivo confín setentrional da Longobardia Maior, só aproximadamente correspondente coa liña divisoria dos Alpes. Se no Val de Adige o confín co Ducado de Baviera estaba fixado case que estabelmente en Salorno[1], máis incerto resulta a real penetración nos altos vales de Dora Baltea (hoxe Val de Aosta) e de Dora Riparia (o Val de Susa, defendida polas "Esclusas longobardas", máis veces asignada aos pontífices romanos como "Patrimonio dos Alpes Cotios").

As varias campañas militares, levadas a cabo durante o reino longobardo polos soberanos ou polos duques sos, expandiron progresivamente o territorio da Longobardia Maior. Cleph completou a conquista da Tuscia, mentres o seu fillo Autario conquistou o último bastión bizantino nos Alpes, a Illa Comacina no lago de Como. Entre o 598 e o 602 Axilulfo reocupou Parma e Piacenza (que volveran ser bizantinas durante a anarquía do Período dos duques) e sucesivamente conquistou Padua, Este, Abano, Monselice, Cremona e Mantua. Finalmente Rotario, no 643, anexionou a Liguria, incluída a capital Xénova e Luni, e Oderzo.

Os dominios longobardos tras as conquistas de Rotario (643)

O Exarcado de Italia, con sede en Rávena, resistiu por longo tempo (malia os repetidos ataques) a presión dos longobardos, tanto como para desenvolver unha identidade propia autónoma que xa se percibía na época. Xa non estaba considerado parte da Longobardia Maior, senón que se indicaba como Romania (de onde o actual "Romaña"). Mesmo cando cae baixo o dominio longobardo, co reinicio da expansión tras a longa política de paz cos bizantinos seguida polos soberanos da dinastía bávara (653-712), esta área non se integra no sistema dos Ducados longobardos, senón que conservou a propia especificidade. Gran parte do Exarcado, incluída Boloña, foi sometido por Liutprando no 728, mentres Rávena capitulou definitivamente a Aistolfo, no 751. O mesmo soberano anexiona tamén Istria, aínda só fugazmente ligada á Longobardia Maior; aquí o dominio longobardo, extremadamente superficial, foi apenas unha paréntese.

Historia: Austria e Neustria[editar | editar a fonte]

A Longobardia Maior era o centro do reino dos longobardos e a súa historia confúndese coa do reino mesmo. En xeral, a súa vivencia histórica rexistra unha progresiva e constante evolución cara a sempre maiores formas de concentración por parte do poder central, con sede en Pavia. Durante a conquista e as fases inmediatamente sucesivas, as esixencias militares foron predominantes e garantiron aos distintos duques un amplo poder dentro dos respectivos territorios. O primeiro ducado que constituíu Alboíno foi, no 569, o de Friúl (con sede en Cividale); despois, en rápida sucesión, erixíronse entre o 569 e o 572 os con sede nas outras cidades conquistadas: Ceneda, Vicenza, Verona, Trento, Brescia, Bérgamo, San Giulio, Pavia, Turín, Asti, Lucca (Tuscia). Os duques inicialmente reinaron como soberanos case absolutos, sobre todo durante a fase de interregno que vai entre a morte de Cleph (574) e a elección de Autario (584); tamén despois conservaron ampla autonomía, e o poder central non dá feito a controlar as tendencias independentistas.

Dentro da Longobardia Maior delineáronse, no curso do século VII, dúas áreas distintas: Neustria e Austria. Tratábase de dúas rexións xeográficas (a Neustria era a parte occidental, desde a fronteira cos francos ata o río Adda; a Austria a oriental, desde o Adda ao Friúl), pero ás cales correspondíanse tamén relevantes diferenzas políticas e culturais. Os ducados occidentais foron á longa os máis fieis á dinastía bávara, aceptando tanto a inspiración filo-católica canto a conseguinte política de pacificación de Italia, sen ulteriores tentativas de expansión a expensas dos bizantinos e do papa. Os ducados orientais, ao contrario, presentábanse como os depositarios do espírito guerreiro e conquistador dos longobardos. Aquí sobreviviron por máis tempo os antigos cultos pagáns e, entre os conversos ao cristianismo, eran numerosos os adeptos ao arianismo ou ao Cisma tricapitolino. Os duques de Austria meteron presión máis veces ao rei para que retomase a iniciativa, chegando mesmo en diversas ocasións a urdiren conxuras para depoñeren o lexítimo soberano. Foi o caso de:

No século VIII, aínda, a conversión xeneralizada dos longobardos ao catolicismo eliminou os puntos de oposición entre Austria e Neustria, tamén grazas a un reemprendemento do expansionismo a costa dos bizantinos co católico e neustriano Liutprando (rei desde 712).

Tras a caída do reino longobardo, no 774, a Longobardia Maior cae enteiramente baixo o dominio dos francos. A súa estrutura político-administrativa porén non se descompón; no sitio dos duques foron entronizados condes, francos pero tamén longobardos. Co tempo as tendencias centrífugas tornaron a tomar a dianteira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Que lle fora entregado no 589 por Autario e por Garibaldo I de Baviera, en ocasión do matrimonio entre o rei longobardo e a filla do duque, Teodolinda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]