Landgrave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coroa dun Landgrave.

Landgrave (en alemán Landgraf) era un título nobiliario usado normalmente no Sacro Imperio Romano Xermánico e despois nalgúns países ou territorios derivados del, comparábel ao de príncipe soberano, aínda que etimoloxicamente significa conde de un Land. O Landgrave tiña deber feudal directamente co emperador.

A súa xurisdición estendíase ás veces a extensións considerábeis, sen estar sometido a un cargo intermedio, como duque, bispo ou conde palatino.

O landgrave exercía dereitos de soberanía; o seu poder de decisión era comparábel, por tanto, ao dun príncipe soberano.

O termo apareceu por primeira vez na Baixa Lotarinxia en 1086.

A forma feminina é landgravina, e o cargo ou o territorio gobernado polo landgrave é o landgraviato.