Lamberto I de Nantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lamberto I foi conde de Nantes e prefecto da Marca Bretoa entre o 818 ata o 831 e duque de Spoleto entre o 834 e o 836. Lamberto sucedeu ao seu pai Guido de Nantes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lamberto participou nunha expedición comezada por Luís o Piadoso en 818 contra os bretóns, quen proclamaran rei a Morvan Lez-Breizh. No 822, un novo xefe bretón Wiomarc'h rebelouse, pero someteuse en maio de 825 en Aachen. Á súa volta a Bretaña, Lamberto asasinouno.

En 831, Lamberto uniuse á rebelión de Lotario I contra Luíse mandárono ao exilio alén dos Alpes, onde lle deron o ducado de Spoleto en 834. foi un dos moitos compañeiros de Lotario que morreron nunha epidemia en 836.

A Lamberto sucedeuno o seu segundo fillo Lamberto en Nantes e os eu fillo máis vello Guido en Spoleto. Tiña un fillo máis novo chamado Warnar (morreu en 852) e unha filla chamada Dove que foi abadesa de Craon.