Lagwagon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagwagon
Lagwagon-in-tochka.jpg
Orixe Goleta, California, Flag of the United States.svg
Período 1990 - actualidade
Xénero(s) punk rock, skate punk
Selo(s) discográfico(s) Fat Wreck Chords
Membros Joey Cape
Chris Flippin
Chris Rest
Joe Raposo
Dave Raun
Antigos membros Shawn Dewey
Derrick Plourde
Ken Stringfellow
Jesse Buglione
Web oficial http://www.lagwagon.com/


Lagwagon é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Goleta, ás aforas de Santa Barbara, California. O seu nome procede da vella furgoneta de xira do grupo, que pode verse na contraportada do seu álbum Trashed. A banda leva editados 7 álbums de estudio, un EP, un álbum ao vivo e un recompilatorio con baras-b e demos a través do selo Fat Wreck Chords.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda fundouse no ano 1990 co nome Section 8 e despois de asinar co selo de Fat Mike Fat Wreck Chords, Lagwagon editou o seu álbum de estrea, Duh, en 1992. Dous anos despois, o grupo editou Trashed, o seu segundo disco con Fat Wreck Chords, que resultou ser un gran éxito, levando á produción dun video para o tema "Island of Shame". Durante ese tempo un feixe de bandas de punk, como Green Day, The Offspring e Rancid, conseguiran chegar ao gran público e a Lagwagon chegáronlle ofertas de grandes discográficas que rexeitou.

Hoss, o terceiro álbum da banda, foi editado o 21 de novembro de 1995. Despois do lanzamento e dunha extensiva xita por Europa, Australia e Xapón, o guitarrista Shawn Dewey e o batería Derrick Plourde deixarían a banda, sendo reemprazados por Ken Stringfellow (da banda The Posies) na guitarra e por Dave Raun (de RKL) na batería. Ken estaría pouco tempo en Lagwagon, e Dave pasaría a formar parte do grupo. Shawn Dewey tocou no proxecto paralelo Buckwild, que editaría dous álbums a través de Lobster Records, Beat Me Silly e Full Metal Overdrive, e realizaria dúas xiras europeas con Good Riddance e Ten Foot Pole.

Despois de dous álbums máis, Double Plaidinum e Let's Talk About Feelings, a banda entrou en hiato indefinido no ano 2000, debido a que os seus membros estaban traballando en proxectos paralelos. Lagwagon rexurdiu no 2002, e editou o seu sexto álbum de estudio, Blaze, o ano seguinte. No 2004 o seu líder Joey Cape lanzou un álbum compartido co vocalista de No Use for a Name Tony Sly, interpretando versións acústicas de temas de ambalasduas bandas. O 1 de novembro do 2005 Lagwagon publicou Resolve, que é unha homenaxe á vida de Derrick Plourde, o batería orixinal de Lagwagon e Bad Astronaut.

No ano 2008 Lagwagon lanzou un EP titulado I Think My Older Brother Used to Listen to Lagwagon. A pesar de que inicialmente se publicaron noticias de que a banda podería ter comezado a gravar o seu seguinte traballo no ano 2009, Lagwagon entrou en hiato novamente, debido a que Cape iniciou unha carreira en solitario, editando Bridge no 2008 e Doesn't Play Well with Others no 2010.

En xaneiro do 2010 Joey Cape anunciou durante unha entrevista coa revista Canada's Exclaim! que Jesse Buglione deixara Lagwagon, despois de estar na banda dende a súa fundación en 1990. Porén, Cape desmentiu os rumores sobre a disolución do grupo. Mentres que non estaba seguro sobre si Lagwagon lanzaría un novo disco ou comezaría outra gran xira, amosouse aberto a realizar concertos e gravar temas de Lagwagon esporadicamente. Posteriormente Jesse Buglione confirmou a súa saída nunha mensaxe no foro oficial da banda.

Lagwagon xirou por Europa con No Use for a Name no verán do 2010. Dentro desta xira fixeron escala no Resurrection Fest de Viveiro, onde tocaron o día 31 de xullo. Nunha entrevista a Joey Cape, este revelou que o novo baixista do grupo é Joe Raposo, ex-membro de RKL.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]