Lagosta verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panulirus regius
Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Superfamilia: Palinuroidea
Familia: Palinuridae
Xénero: Panulirus
Especie: Panulirus regius
Nome binomial
Panulirus regius
De Brito Capello, 1864

Co nome de lagosta verde ou lagosta real coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Panulirus regius (De Brito Capello, 1864), de menor calidade cá lagosta común ou europea (Palinurus elephas).

Descrición e hábitat[editar | editar a fonte]

De tamaño menor cá lagosta común e cá lagosta moura (Palinurus mauritanicus), con talles habitualmente ó redor dos 35 cm. A casca é de cor verdosa a azul, cunha franxa transversal amarela nos segmentos abdominais, así como nas patas.

Habita no Atlántico norte africano, nas costas occidentais de África e illas Canarias.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Tamén se denomina lagosta real.

  • inglés: Royal spiny lobster
  • francés: langouste royale
  • alemán: Köningslanguste
  • italiano: aragosta reale

Notas[editar | editar a fonte]