Lagoa de Caque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lagoas de Bardancos»)

Coordenadas: 43°09′30″N 7°28′41″O / 43.158305555556, -7.4780833333333

Lagoa de Caque
Figura de Protección:
Ano de constitución: Recuperación parcial en 1988[Cómpre referencia]
Superficie: 19 ha. (no verán unhas 6 ha.)
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Lugo
Concellos: Castro de Rei
Ríos:
Picos
Direccións de interese: Lagoa situada na localidade de Ribeiras de Lea
Teléfonos:

A lagoa de Caque ou lagoa de Bardancos é unha zona húmida situada na parroquia de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei. Cunha superficie de 19 hectáreas, é a zona húmida máis grande da comarca da Terra Chá. Está situada nas proximidades de Xustás e a unha distancia duns 20 km da capital provincial, Lugo.

Orixinouse debido ao substrato xeolóxico e á topografía da Terra Chá e constitúe unha das grandes zonas húmidas superviventes das campañas de desecamento. Como ecosistema de gran valor ecolóxico polas súas reservas de flora e fauna, é espazo natural protexido.

Características[editar | editar a fonte]

Esta lagoa, a diferenza da Lagoa de Cospeito, non está alimentada por ningún río. Nesta lagoa, de maior extensión, a evaporación da auga nos meses de verán vese compensada pola acumulación de auga baixo terra, que aínda no verán se mantén cunhas 6 ha. de auga. A lagoa de Caque foi recuperada parcialmente en 1988.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Vista aérea no 2014.

A flora constitúena especies como o piñeiro de Monterrei, o piñeiro bravo, o abeneiro, o carballo, o bidueiro, o salgueiro, o toxo ou o xunco.

É un importante refuxio para as aves, sobre todo no inverno, xa que é unha das principais zonas de hibernación para a avifauna proveniente do norte. Durante unha boa parte do ano (e algunhas especies incluso todo o ano) pode verse unha gran variedade de aves que conviven con outras especies como poden ser anfibios e réptiles diversos, e incluso coa lontra.

Entre as aves predominantes na lagoa destacamos unha gran variedade de parrulos, o lavanco, a cerceta e tamén a garza real ou a pita de río. Dentro das aves rapaces destacamos o azor, o gabián, o miñato común, o falcón pequeno, o miñato queimado ou o lagarteiro, ademais dunha gran variedade de aves pertencentes ao xénero Circus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]