Lagoa de Pitillas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagoa de Pitillas

A Lagoa de Pitillas, orixinariamente coñecida como Lagoa de Sabasán, é unha zona húmida endorreica (sen desaugadoiro) situado entre os concellos de Pitillas e Santacara en Navarra, (España)

Este zona húmida é usado por multitude de aves acuáticas para aniñaren ou para descansaren na súa viaxe migratoria. As aves xunto coa fauna asociada a este ecosistema converten a lagoa de Pitillas nun espazo natural dunha grande biodiversidade.

Descrición e situación[editar | editar a fonte]

Cunha superficie dunhas 300 ha esténdese polo territorio municipal de Pitillas, aínda que unha pequena parte pertence a Santacara. É unha zona húmida de tipo estepario e de orixe endorreica, sendo considerado como un dos máis importantes no val do Ebro e o máis extenso de Navarra. As augas que alimentan a lagoa proceden da serra de Ujué, do barranco do Pozo de Pastor e doutros próximos menos importantes. A profundidade, en condicións de nivel normal de auga, non supera os 2 metros.

Está sita a 3 km de Pitillas, accedéndose ao seu contorno pola estrada N-121 que une este concello co veciño de Santacara. Hai unha pista que, partindo da estrada, achega até o aparcadoiro e o observatorio de aves.

Protección[editar | editar a fonte]

En 1987 incorporouse o espazo á rede de Espazos naturais protexidos de Navarra[1] como Reserva Natural (RN 27) realizándose a delimitación do territorio a protexer. Entre os anos 1991 e 1996 deslindouse a banda de protección da zona húmida.

En 1990 foi proposta como Zona de especial protección para as aves (ZEPA) e no 1991 incluída na rede de Zonas de especial protección para as aves da rede Natura 2000, ao amparo da Directiva 79/409/CEE. En 1997 quedou incluída na lista de zonas húmidas de importancia internacional da Convención de Ramsar e mais no Inventario de Zonas Húmidas de Navarra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ley Foral 6/87 de 10/4/87 de Normas Urbanísticas Regionales para la protección y uso del territorio (BON nº 49 de 20/4/87)