Lagoa de Gallocanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagoa de Gallocanta, Teruel

A cunca da Lagoa de Gallocanta está no centro do Sistema Ibérico, na provincia de Teruel, en Aragón España. É unha cunca endorreica que está pechada polas serras de Santa Cruz e Pardos polo Norte, a Serra Menera polo Sur e a Serra do Calderero polo Leste. Encóntrase a 1.000 m de altitude, ten 7,7 km de lonxitude e 2,8 km de anchura; a súa profundidade máxima pode atinxir 1,5 m, aínda que non sempre ten auga, pois sufre períodos chuviosos e secas.

Na zona atópanse outras lagoas de menor tamaño como as de Guialguerrero, La Zaida, a Lagunilla (Navajo del Prado de la Torre) e outras de menor entidade aínda. O conxunto forma unha etapa importante no paso de aves migratorias.

A lagoa está declarada como Refuxio de Fauna Silvestre, Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) e figura na Lista de Humedais de Importancia Internacional, constituíndo un dos Sitios Ramsar en España.

As localidades que arrodean a lagoa son: Gallocanta, Berrueco, Tornos, Bello e máis Cuerlas.