Ladri di biciclette
| Ladrón de bicicletas | |
|---|---|
| Título orixinal | Ladri di biciclette |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Vittorio De Sica |
| Produtor | Giuseppe Amato |
| Guión | Vittorio De Sica Cesare Zavattini Suso Cecchi d'Amico Gerardo Guerrieri Oreste Biancoli Adolfo Franci |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Lamberto Maggiorani Enzo Staiola Lianella Carell Vittorio Antonucci |
| Música | Alessandro Cicognini |
| Fotografía | Carlo Montuori |
| Montaxe | Eraldo Da Roma |
| Estudio | |
| Distribuidor | Ente Nazionale Industrie Cinematografiche |
| Ano | 1948 |
| Duración | 93 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $133.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Ladri di biciclette é un filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica. Obra mestra do neorrealismo italiano, e a máis coñecida da triloxía de De Sica, xunto a Umberto D. e Miracolo a Milano.
Índice |
Argumento[editar]
Na Roma da posguerra, un obreiro en paro consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que teña unha bicicleta, pero o problema é que a súa bicicleta empeñouna, polo que a súa primeira tarefa será recuperala.
Unha vez montado na súa bicicleta comeza a traballar, pero ocorre que non pasou sequera nin un día de traballo cando lle rouban a bicicleta e con ela o seu futuro. Dende ese intre e ata o final do filme a historia o protagonista xunto co seu fillo e algúns amigos, buscarán infrutuosamente recuperar a bicicleta roubada. A escena final amósanos ante o dilema moral no que o protagonista se ve obrigado a converterse el mesmo nun ladrón.
Personaxes[editar]
- Lamberto Maggiorani como Antonio Ricci.
- Enzo Staiola como Bruno Ricci, fillo de Antonio.
- Lianella Carell como Maria Ricci, muller de Antonio.
- Gino Saltamerenda como Baiocco, amigo de Antonio.
- Vittorio Antonucci como Ladrón de bicicletas.
- Giulio Chiari como Beggar.
Galardóns e nomeamentos[editar]
- 1949: Nomeada ó Oscar: Mellor guión. Premio Honorífico ó Mellor filme estranxeiro.
- 1949: Globo de Ouro: Mellor filme estranxeiro.
- 1949: BAFTA: Mellor filme.
- 1949: 6 premios do Sindicato Nacional de periodistas italianos, incluíndo, filme, director.
- 1949: 2 premios National Board of Review: Mellor filme, director.
- 1949: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme estranxeiro.