Labirintulomicetos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Labyrinthulomycetes")
Labirintulomicetos
Célula cunha rede de filamentos de Aplanochytrium sp.
Célula cunha rede de filamentos de Aplanochytrium sp.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Filo: Heterokontophyta
Clase: Labyrinthulomycetes DICK, 2001 or
Labyrinthulea OLIVE ex CAVALIER-SMITH, 1989
Orde: Labyrinthulales ou
Labyrinthulida
Xéneros

Labyrinthulids
Labyrinthula
Thraustochytrids
Aplanochytrium
Labyrinthuloides
Japonochytrium
Schizochytrium
Thraustochytrium
Ulkenia
Diplophryids
Diplophrys

Os labirintulomicetos (Labyrinthulomycetes segundo o ICBN, e Labyrinthulea[1] segundo o ICZN), son un grupo de protistas con categoría de clase que se caracterizan por producir unha rede de filamentos ou tubos, [2] que lles serven como vías de reptación para que escorreguen por elas as súas células e absorben nutrientes para elas e fíxanos ao substrato. Existen dous grandes grupos: labirintúlidos e traustoquítridos (Thraustochytriales). Son principalmente mariños, frecuentemente parasitos de algas e vexetación mariña (anxiospermas como as posidonias e outras) ou como descompoñedores de materia vexetal morta. Uns poucos son parasitos de invertebrados mariños.

Os filamentos ectoplásmicos que segregan, aínda que se proxectan fóra da célula, están rodeados pola membrana celular e saen da célula por entre os espazos que hai entre unha especie de escamas que cobren a célula. Fórmanse e conéctanse ao citoplasma por un orgánulo exclusivo chamado saxenóxeno, saxenoxenetosoma [3], saxenetosoma [4] ou botrosoma. As células son uninucleadas e tipicamente ovoides, e móvense dun lado para outro sobre a rede amorfa de filamentos a velocidades que van de 5 a 150 μm por minuto. Nos labirintúlidos as células escorregan dentro da rede de filamentos que os envolve totalmente, e nas colonias de traustoquítridos están a un lado e os filamentos parecen "raíces".

Clasificación[editar | editar a fonte]

Co termo Labyrinthulomycetes/Labyrinthulea desígnase o antigo filo de fungos Labyrinthulomycota, que agora non son considerados fungos senón protistas. Inicialmente foron considerados un grupo raro de mofos mucosos (outros protistas), pero viuse que non son moi similares a eles. A estrutura das súas zoosporas e os estudos xenéticos mostraron que son un grupo primitivo de heterocontas, pero a súa clasificación e tratamento non está aínda firmemente establecido.

Esta clase ten só unha orde, Labyrinthulales (polo código botánico ICBN) ou Labyrinthulida[5] (polo código zoolóxico ICZN).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cavalier-Smith, T. (1997). "Sagenista and bigyra, two phyla of heterotrophic heterokont chromists". Archiv für Protistenkunde 148 (3): 253–267. DOI:10.1016/S0003-9365(97)80006-1. [1]
  2. Tsui CK, Marshall W, Yokoyama R, et al. (January 2009). "Labyrinthulomycetes phylogeny and its implications for the evolutionary loss of chloroplasts and gain of ectoplasmic gliding". Mol. Phylogenet. Evol. 50 (1): 129–40. DOI:10.1016/j.ympev.2008.09.027. PMID 18977305. http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1055-7903(08)00475-2.
  3. Lynn Margulis,Heather I. McKhann,Lorraine Olendzenski. Illustrated Glossary of Protoctista: Vocabulary of the Algae, Apicomplexa ... Google books
  4. Silvina M. Rosa, Miguel A. Galvagno, Carlos G. Vélez. Primeros aislamientos de Thraustochrytriales (Labyrinthulomycetes, Heterokonta) de ambientes estuariales y salinos de la Argentina. Darwiniana 44(1): 81-88. 2006 ISSN 0011-6793 [2]
  5. "www.ncbi.nlm.nih.gov". http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Info&id=35131. Consultado o 13 xullo 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]