Labradorita
| Labradorita | |
|---|---|
| Fórmula química: | (Ca, Na)Al(Al, Si)Si2O8 |
| Clase: | Silicatos - VIII/J |
| Subclase: | Tectosilicatos |
| Sistema cristalino: | Triclínico, pinacoidal |
| Cor: | Verde-pálido, azul, a veces sen cor ou branco-gris |
| Brillo: | De subvítreo a apagado |
| Dureza: | 6 - 6,5 (escala de Mohs) |
| Fractura: | De perfecta a desigual |
| Exfoliación: | |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 2,7 g/cm3 |
A labradorita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos, sendo un feldespato dos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de sodio e calcio.
Ser, é un membro intermedio da serie de solución sólida dos plaxioclasios que teñen por extremos a albita (plaxioclasio de sodio) e a anortita (plaxioclasio de calcio). En certo xeito, pode considerarse como unha variedade da anortita.
O seu nome provén da península do Labrador (Canadá). Outro sinómino, como pode ser espectrolita, provén da iridescencia espectral que é típica deste mineral. Sinónimos pouco usados son: carnatita, mauilita, radauita e silicita.
Índice |
Hábito [editar]
Observándoo na posición adecuada aprécianse os brillos da súa peculiar iridiscencia, o que algúns denominan labradorescencia. Presenta nestes brillos un rango de cores desde a azul até a violeta, a veces con verdes, amarelos ou laranxas, segundo a variedade. Algúns raros espécimes presentan todas estas cores á vez.
Normalmente tamén presenta maclas, producindo os cristais maclados un efecto de capas finas apiladas.
Ambiente de formación [editar]
Aparece na cristalización de rochas ígneas e en rochas metamórficas. É moi común que apareza labradorita nos gabros e noutras rochas ígneas máficas, xa que por norma xeral os plaxioclasios son máis cálcicas canto máis básica sexa a roca que os contén. É o principal compoñente da anortosita.
Polo seu ambiente de formación, os minerais aos que normalmente aparece asociada son biotita, piroxeno e hornblenda.
Localización, extracción e uso [editar]
Existes importantes depósitos no Labrador (Canadá), así como na península Escandinava.
Aparte do interese coleccionístico, a labradorita tamén ten aplicacións industriais para fabricar cerámicas, materiais refractarios e esmaltes, así como tamén se emprega cortada en lousas grandes na construción de edificacións como revestimento ornamental das paredes.
Algunhas labradoritas poden ser traballadas na xoiería.