Laboratorio de Formas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laboratorio de Formas
Logo
Tipoorganización sen ánimo de lucro
Data de fundación1963
PremiosPremio Nacional de Iniciativa cultural
PaísEspaña e Arxentina
editar datos en Wikidata ]
Luís Seoane e Díaz Pardo cos Núñez Búa, Sofovich e Scheimberg en 1962 en Magdalena, Arxentina, o centro cerámico onde ambos os dous idearon o Laboratorio de Formas.[1][2]

O Laboratorio de Formas é unha sociedade sen fin de lucro, vencellada ao Grupo Sargadelos e que foi responsábel do deseño e investigación creativa dese grupo económico e artesanal.

Historia[editar | editar a fonte]

Creado na Arxentina en 1963 da man de Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e Andrés Fernández-Albalat Lois, incorporouse posteriormente ao grupo de empresas Sargadelos, na súa sede en Galicia.

O Laboratorio de Formas foi o responsábel do deseño das liñas cerámicas de Sargadelos, mais tamén da coordinación inicial das actividades do grupo empresarial.

Recibiu en 2008 o Premio Nacional de Iniciativa cultural.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]