La llengua dels valencians

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La llengua dels valencians
Autor/aManuel Sanchis Guarner
OrixeEspaña
Lingualingua catalá
editar datos en Wikidata ]

La llengua dels valencians (A lingua dos valencianos) é unha obra do filólogo valenciano Manuel Sanchis Guarner sobre a historia e o papel social da lingua catalá no País Valenciano. Foi publicada no 1933.

O libro é unha especie de introdución ao coñecemento do que é o valenciano, cal fora a súa historia e cales son as obrigas morais dos valencianos cara ao que é o signo máis característico da súa personalidade, desmontando os tópicos negativos sobre a lingua para aclarar a súa orixe e filiación. Desde o punto de vista filolóxico é unha obra moi importante e aínda vixente hoxe en día, porque é o primeiro libro científico feito desde os criterios da filoloxía románica, con moita erudición, moitos datos documentais, e que puxo as bases para estudos posteriores[1].

A obra foi encargada a Sanchis Guarner por Adolf Pizcueta, director da colección L'Estel. Pizcueta pediulle a redacción dun libro que tratase sobre aspectos básicos, pero esenciais, sobre a lingua dos valencianos desde o punto de vista máis obxectivo posible. Sanchis Guarner intentou manter unha posición ecléctica, sen tomar unha postura clara e definida sobre diversos aspectos da lingua como o nome, a orixe ou as relacións coas outras variedades da lingua catalá. Neste senso, o título da obra é bastante sintomático dos esforzos de Sanchis Guarner para se manter nesta posición e, ao longo de todo o libro, sempre utilizou a expresión valenciano ou lingua valenciana para se referir á variante falada no País Valenciano. Seguramente, detrás desta concepción achábase o espírito de consenso que permitiu chegar ao acordo ortográfico de Castelló uns meses antes e a necesidade existente de difundir esta doutrina ortográfica[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aliaga, Xavier. Monument a l'autoestima. Es compleixen 75 anys de l'eixida a la llum de l'obra magna de Manuel Sanchis Guarner, La llengua dels valencians, El País. Quadern (València), nº 468, 12 de marzo de 2009, p. 1-2
  2. Climent, Josep Daniel. Tres generacions amb La llengua dels valencians, Levante-EMV (Valencia), 21 de novembro de 2008, p. 1