La de aceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha pouca la de aceiro.

A la de aceiro é un material biodegradábel constituído por un conxunto de fibras de aceiro moi finas e entrelazadas, usado no traballo de acabado e puído de obxectos de madeira ou metal, como tamén para labores de limpeza.

Características[editar | editar a fonte]

Producida a partir de arames de aceiro con baixa concentración de carbono[1], é vendida comercialmente con forma de esponxas.

A la de aceiro presenta diversos graos de aspereza[2] e a súa espesura varía de acordo co grao de axuste das láminas de corte do aceiro.

Notas[editar | editar a fonte]