La Vila Joiosa - Villajoyosa
| La Vila Joiosa - Villajoyosa | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Alacant |
| Comarca: | Marina Baixa |
| Xeografía | |
| Altitude: | 27 msnm |
| Superficie: | 38,50 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 32.534 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 700,3 hab./km² |
| Xentilicio: | Ilicitano/na |
| Información | |
| Código postal: | 032XX |
| Alcalde: | Gaspar Lloret Valenzuela (PSPV) |
| Sitio na web: | www.lavilajoiosa.com |
La Vila Joiosa (IPA: [la'vila dʒo'joza]), chamada normalmente La Vila e antigamente Alonis (os nomes oficiais da vila tanto en valenciano coma en castelán son La Vila Joiosa / Villajoyosa), é un concello do País Valenciano situado na costa da provincia de Alacant. Conta con 32.534 habitantes (censo de 2008) e é a capital da comarca da Marina Baixa e cabeza de partido xudicial. Popularmente é coñecido co dito: "De la Vila i plores, cabra fotuda" (Da Vila e choras, cabuxa fodida).
Índice |
[editar] Xeografía
La Vila Joiosa atópase 32 km ao nordeste da cidade de Alacant. É a capital da comarca da Marina Baixa.[1] Polo casco urbano de La Vila Joiosa pasa o río Amadorio, procedente do pantano de Relleu. O termo municipal conta con 15 km de costa.
Dende Alacant accédese a esta localidade pola AP-7 ou a N-332. O TRAM Metropolitano de Alacant, o trenet de la Marina de FGV, que leva dende Alacant até Dénia ten en La Vila Joiosa unha parada facultativa e de cruzamento de trens (a estación conta con 4 vías) e polo menos 3 máis no seu municipio.
[editar] Localidades limítrofes
Limita cos termos municipais de Aigües, El Campello, Finestrat e Orxeta.
[editar] Demografía
Con 30.550 habitantes segundo o censo do 1 de xaneiro de 2007, Villajoyosa é o 12º municipio da provincia de Alacant por poboación. O 18,2% da poboación do municipio era no 2007 da inmigración (da que un 61,1% era doutras nacionalidades da UE).[2]
| Evolución demográfica de La Vila Joiosa[3] | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1857 | 1887 | 1910 | 1930 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2007 | ||||||||
| Población | 9.110 | 8.763 | 9.152 | 8.715 | 9.315 | 11.006 | 16.258 | 20.638 | 23.160 | 24.246 | 29.263 | 30.550 | |||||||
[editar] Economía
Cidade de grande tradición pesqueira, actualmente na súa economía destacan as industrias de chocolate e o turismo.
[editar] Notas
- ↑ Fonte: Descripcion de La Vila Joiosa en CostaBlanca.org. Páxina da deputación de Alacant.
- ↑ Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidades (principais nacionalidades).
- ↑ Fuente: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación desde 1842, Series de poboación dos municipios dende 1996.