La Vall d'Uixó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Vall d'Uixó
Escudo, Vall de Uxo, Valencia, España.jpg
Situación xeográfica
Localización de La Vall d'Uixó respecto ao País ValencianoLocalización de La Vall d'Uixó respecto á comarca da Plana Baixa
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Castelló
Comarca Plana Baixa
Xeografía
Altitude 118 msnm
Superficie 67,10 km²
Poboación
Poboación 32.617 hab. (2008)
Densidade 476,57 hab./km²
Xentilicio Valleiro/a
Información
Código postal 12600
Alcalde Isabel Bonig i Trigueros (PP)
Páxina web www.lavallduixo.es
Casa do Concello de La Vall d'Uixó

La Vall d'Uixó, tamén coñecida coma Vall-Llarga, Vall del Duc ou La Vall, é un concello do País Valenciano situado ao sueste da provincia de Castelló, na comarca da Plana Baixa. Conta con 31.978 habitantes (INE 2007).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio áchase situado xunto á costa mediterránea, o que lle fai gozar dunhas condicións climáticas típicas desta costa, con invernos suaves e veráns calorosos. A súa temperatura máxima aproxímase aos 40 °C mentres que a mínima sitúase en torno aos 3 °C. A taxa pluviométrica é de 509,51 mm.

Dista uns 30 km de Castelló de la Plana e atópase a pouco menos de 50 km de Valencia. É unha cidade interior situada entre un val e a moi poucos quilómetros, tan só oito, das praias da Costa do Azahar. O acceso a esta cidade efectúase por estrada. Accédese desde a CV-10.

La Vall d'Uixó está rodeada na Plana Baixa polos municipios de Almenara, Artana, Alfondeguilla, La Llosa, Moncofa, Nules e Xilxes; coa provincia de Valencia polo municipio de Sagunt.

Demografía[editar | editar a fonte]

La Vall d'Uixó conta con 31.978 habitantes (INE 2007).

Evolución demográfica de La Vall d'Uixó[1]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2002 2006 2007
7.229 8.506 8.643 8.856 8.807 9216 9.630 11.712 18.596 24.105 26.145 27.387 28.283 29.871 31.553 31.978

Economía[editar | editar a fonte]

A actividade económica e industrial na localidade desde antigo estivo centrada na actividade agrícola, con dúas artesanías importantes: a alpargataría e a alfaiaría.

Progresivamente, a produción artesanal da alpargata foi adquirindo caracteres industriais, ata que na primeira metade do século XX, sobre todo coa creación da empresa familiar Segarra e os seus traballos para o exército, a industria do calzado convértese no sector punta do desenvolvemento económico da poboación.

Este proceso de industrialización, baseado fundamentalmente na empresa Segarra, estivo acompañado da creación de numerosas empresas de calzado ao redor desta. En ningún momento este feito significou a perda do carácter agrícola da cidade. Pódese dicir que as principais actividades nestes últimos tempos foron a industria do calzado e a produción agrícola, sobre todo de agres, favorecida polo clima con que conta a localidade.

Esta carencia de diversificación industrial viuse afectada pola crise do sector do calzado, que levou á desaparición de moitas empresas e, polo tanto, á perda de postos de traballo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Series de poboación dos municipios dende 1996.