La Tierra Gallega (1894)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Tierra Gallega foi un semanario da Habana editado entre 1894 e 1896.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundado por un grupo de galeguistas de Cuba (Manuel Lugrís Freire, Constantino Horta, Vicente Fraiz Andón entre outros) coa finalidade de cederllo a Manuel Curros Enríquez para que o dirixira. O primeiro número saíu o 8 de abril de 1894, mantivo un carácter rexionalista galego, reivindicando a autonomía para Galicia e mantendo unha posición de españolismo autonomista na política cubana. O último número, o 197, saíu o 9 de novembro de 1896, logo que o gobernador da Habana e capitán xeneral, Valeriano Weyler, o suspendera tras atacar ao ministro español da Mariña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. ISBN 84-7492-489-8.